Salinidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A salinidade é o contido de sal disolta nun corpo de auga. Dito doutra maneira, é válida a expresión salinidade para referirse ó contido salino en solos ou en auga. O sabor salgado da auga débese a que contén cloruro de sodio. A porcentaxe media que existe nos océanos é de 35 gramos por cada litro de auga. Ademais esta salinidade varía segundo a intensidade da evaporación ou que o aporte de auga doce dos ríos aumente en relación á cantidade de auga. A acción e efecto de variar a salinidade denomínase salgadura.

Definicións[editar | editar a fonte]

Este proceso de evaporación é máis intenso nas zonas ecuatoriais, e menor nas zonas temperadas polares. As augas superficiais son máis salgadas porque a evaporación fai que a concentración de sal aumente. O contido salino de moitos lagos, ríos, ou arroios é tan pequeno, que a esas augas se lles chama auga doce. O contido de sal en auga potable é, por definición, menor a 0,05%. Senón, a auga é sinalada como salobre, ou definida como salina se contén de 3 a 5% de sal en volúme. Por enriba do 5% considérase salmueira. O océano é naturalmente salino con aproximadamente 3,5% de sal (ver auga de mar). Algúns lagos ou mares son máis salinos. O Mar Morto, por exemplo, ten un contido superficial de aredor do 15%.

O térmo técnico de salinidade no océano é halinidade, xa que realmente halinos—cloro é o anión máis abundante no mix de elementos disoltos. En oceanografía, foi tradicional expresar a halinidade, non en porcentaxe, senón en partes por mil (ppt o ‰), que é aproximadamente gramos de sal por litro de solución: g/L. Antes de 1978, a salinidade ou halinidade se expresaba como ‰, basándose na relación de conductividade eléctrica da mostra de "auga de Copenhage" (un medio acuoso "auga de mar" artificial, feito para servir como "estándar". En 1978, os oceanógrafos redefinen a salinidade en Unidades Prácticas de Salinidade (psu): relación de conductividade dunha mostra de auga de mar cunha solución estándar de KCl. Como as relacións non teñen unidades, pero non é o caso aquí xa que 35 psu exactamente equivale a 35 g de sal por L de solución.

Aínda que parecera esotérico e escura esta maneira de medir concentracións, é moi práctica; pero será preciso lembrar que a salinidade é a suma en peso de moitos e diferentes elementos dentro dun volume dado de auga. Unha determinación precisa de salinidade non só como concentración de solutos, é coñecer a cantidade de cada substancia (como por ex., o cloruro de sodio) que require de química analítica, frente a unha simple determinación de peso do residuo seco logo de evaporar a mostra (un método de determinar "salinidade"). O volume é influenciado pola temperatura da agua; e a composición das sales non é constante (aínda que é moi semellante, en capas semellantes, nos océanos). As augas salinas dos mares interiores poden ter unha composición diferente da dos océanos. Por esta razón, estas augas son denominadas salinas, diferenciándose das oceánicas, onde se aplica o térmo halina.

Sistemas de clasificación de corpos de auga basados na salinidade

SERIES TALÁSICAS >300 ‰

  • Hiperhalina 60 a 80 ‰
  • Metahalina 40 ‰
  • Mixoeuhalina30 ‰
  • Polihalina 18 ‰
  • Mesohalina 5 ‰
  • Oligohalina 0,5 ‰

A auga mariña é a do océano, outra notación é mar euhalino. O seu rango de salinidade é de 30 a 35 ‰. Mares salobres son augas con salinidade entre 0,5 a 29 ‰ e mares metahalinos de 36 a 40 ‰. Todas estas augas entran en talásicas pola súa salinidade é do océano; definíndose como homoiohalinas se a salinidade non varía moito no tempo (esencialmente invariante). A Táboa, modifidada por Por (1972), segue o "Sistema de Venecia" (1959).

En contraste cun ambiente homoiohalino, están certos ambientes poiquilohalinos (que podrían chegar a ser talásicos) onde a variación de salinidade é biolóxicamente significativa (Dahl, 1956). As augas poiquilohalinas varían de 0,5 ‰ a máis de 300 ‰. A característica de estas aguas é a súa variación en salinidade sobre un rango estacional biolóxicamente afectante, ou noutras escalas de tempo. Para poñelo simple, estos son corpos de auga que varían en salinidade. Cando o contido salino da agua, chega a cristalizar sales, se está en presencia de auga salobre. Consideracións ambientais

A salinidade é un factor ecolóxico de alta importancia, influenciando moito sobre os tipos de organismos que poderán vivir nesos corpos de auga. A salinidade influencia sobre as spp. de prantas que poderán vivir en determinada auga, ou en terras humedecidas con determinadas augas. As prantas adaptadas a condicións salinas chámanse halófitas. Algúns organismos (maiormente bacterias) que poden vivir en condicións moi salinas clasifícanse como halófilos extremófilos. Un organismo que pode vivir nun amplo rango de salinidades é un eurihalino. O sal é difícil de sacar da agua, sendo que o contido salino é un importante factor para determinar a potabilidade del agua.