Clima árido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os climas secos (áridos e semiáridos) caracterízanse por presentar un volume de chuvias (precipitación) menor do que a taxa de evaporación e transpiración.
O limiar entre precipitación e taxa de evaporación determínase da seguinte forma:
Para encontrar o limiar de precipitación (en milímetros), multiplícase a temperatura anual media en ºC por 20, súmase entón 280 se o 70% ou máis da precipitación total ocorre na metade do ano de sol alto (de abril a setembro no Hemisferio Norte, ou de outubro a marzo no Hemisferio Sur), 140 se o 30%-70% da precipitación total fose recibida durante o período aplicable, ou 0 se menos do 30% da precipitación total fose recibida nese período. Se a precipitación anual fose menos de metade do limiar do Grupo B, será clasificado como BW (clima desértico) - se fose inferior ó limiar pero superior a metade deste, será clasificado como BS (clima de estepa). Pódese incluír unha terceira letra para indicar a temperatura. Inicialmente, h significaba un clima de latitude baixa (temperatura media anual por enriba dos 18ºC) ó paso que k significa un clima de latitude mediana (temperatura media anual inferior a 18ºC), pero a práctica máis común hoxe en día (especialmente nos Estados Unidos) é a utilización de h para significar que o mes máis frío ten un temperatura media superior a 0ºC (32ºF), e de k para significar que polo menos un dos meses ten unha temperatura media por baixo de 0ºC. Exemplos:
Algunhas áreas de deserto, situadas ó longo das costas occidentais dos continentes en zonas tropicais ou semitropicais, caracterízanse por temperaturas máis baixas das que se poden encontrar noutros lugares en latitudes comparables (debido á veciñanza de correntes oceánicas frías) e por neboeiros e nubes baixas frecuentes. Isto a pesar do feito de se contaren entre os lugares máis secos da face da Terra en termos de precipitación recibida propiamente dita. Este clima é por veces rotulado como BWn e pódense encontrar exemplos en Lima, Perú e en Walvis Bay, Namibia. Por veces engádese unha cuarta letra para indicar se ben o inverno, ben o verán, son máis "húmidos" do que a outra metade do ano. Para se incluír nun dos dous grupos, o mes máis húmido deberá recibir polo menos 60 mm de precipitación media se tódolos doce meses estiveren por enriba dos 18ºC, ou 30 mm se tal non fose o caso; e polo menos o 70% da precipitación total deberá ocorrer na mesma metade do ano que o mes máis húmido, pero a letra utilizada indica cando a estación seca ocorre, non a "mollada".
Exemplos:
- Khartún, Sudán serían BWhw.
- Niamey, Níxer serían BShw.
- El Arish, Exipto; BWhs.
- Asbi'ah, Libia; BShs.
- Umnugobi, Mongolia; BWkw.
- Xining, China; BSkw
Os BWks e BSks non existen. Se non se cumprisen os criterios nin para w nin para s, non se engade ningunha cuarta letra.