Mar de Célebes
O mar de Célebes (ou mar de Sulawesi) (en malaio e indonesio, Laut Sulawesi) está situado na parte occidental do océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago de Sulu ao norte, co mar de Sulu, e a illa de Mindanao nas Filipinas. Ao leste están as illas Sangi, ao sur a illa de Célebes e ao oeste a illa de Borneo. Ocupa un área de 472 000 km², acadando profundidades de ata 6.200 m.
Clima [editar]
O clima dominante nesta zona é tropical. Entre a conca de Célebes e a Fosa das Filipinas se produce o intercambio de auga co océano Pacífico. No veran, o monzón provoca o intercambio de auga co mar de Xava a través do estreito de Makassar.
Medio ambiente [editar]
O mar de Célebes contén unha variada flora e fauna, destacando a colonia de cetáceos, xa que 26 das 78 especies de baleas habitan estas augas. Entre a fauna tamén destacan os corais, barracudas, tartarugas mariñas e os túnidos.
Curiosidades [editar]
O mar de Célebes é coñecido pola existencia de piratas que atacan barcos pesqueiros e incluso grandes cargueiros. Para evitar o seu comportamento, as autoridades combaten aos piratas con novas tecnoloxías, embarcacións rápidas, radares e GPS. Para protexer ao turismo, Malaisia ten despregado a súa armada para evitar sucesos como a toma de reféns que tivo lugar no ano 2000 por parte de rebeldes filipinos.
Científicos filipinos e estadounidenses teñen descuberto ó redor de 100 novas especies de fauna mariña no mar de Célebes entre Filipinas e Indonesia, unha das meirandes reservas de biodiversidade do planeta.