Mar Céltico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Mar Céltico.

O Mar Céltico (Mhuir Cheilteach en irlandés, Y Môr Celtaidd en galés, Mor Keltek en córnico, Mor Keltiek en bretón, Celtic Sea en inglés, Mer Celtique en francés) é unha área do Océano Atlántico que se atopa na costa sur de Irlanda. Limita ó leste co Canal de San Xurxo, co Canal de Bristol e co Canal da Mancha. As súas augas bañan as costas adxacentes de Irlanda, Gales, Cornualles, Devon e Bretaña. As fronteiras sur e oeste son delimitados pola plataforma continental, que cae abruptamente. Ten unha fondura que varía entre os 50 e os 200 metros. Trátase dun mar rico en peixe no que abundan as sardiñas.

O nome foi proposto en 1921 polo mariño naturalista e biólogo inglés Ernest William Lyons Holt, en alusión á herdanza celta que comparten as terras que o arrodean.