Esclusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outros títulos homónimos véxase esclusa de ar e Esclusa (Países Baixos).
Vista dunha esclusa do Canle de Panamá.
Vista do interior dunha esclusa en Alemaña.

As esclusas son obras hidráulicas que permiten vencer desniveis concentrados en canles navegables, elevando ou descendendo os navíos que se atopan nelas. Poden formar parte das estruturas complementarias dunha presa, cando esta se constrúe sobre ríos navegables.


Son moi coñecidas as esclusas do Canle de Panamá. En Europa, onde a navegación interior está desenvolvida, pódese navegar desde o Mar do Norte ata o Mar Negro atravesando varias esclusas.

O cruzamento dunha esclusa é unha operación bastante lenta; posto que hai que equilibrar os niveis de auga, primeiro co tramo de canle onde se atopa o navío e logo co outro nivel cara ao que sairá o navío. O consumo de auga é considerable; para diminuílo procúrase nunca facer un enchido ou baleirado da esclusa se non hai un navío que require de atravesala. Ese tamén é un dos motivos polos cales en xeral se constrúen dúas esclusas en paralelo; así, parte da auga de baleirado dunha pódese utilizar para o enchido da outra.

Tecnicamente, o límite de desnivel que pode ser vencido cunha soa esclusa é de aproximadamente 25 m. Para desniveis maiores debe pensarse en esclusas concatenadas, o que dificulta aínda máis a súa operación, ou debe pensarse noutros dispositivos como:

  • ascensores de barcos, dos cales xa se construíron varios tipos
  • planos inclinados de auga

En Bélxica, sobre a "Canle du Centre", inaugurouse en 2002 o ascensor funicular de Strépy-Thieu, que permite franquear un desnivel de 73 m.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esclusa Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]