Golfo de Botnia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación do golfo de Botnia entre Suecia e Finlandia

O Golfo de Botnia (sueco; Botniska viken, finlandés; Pohjanlahti) é o brazo máis setentrional do Mar Báltico. O golfo atópase entre a costa occidental da Finlandia e a costa oriental de Suecia. Ao sur do golfo sitúanse as illas Åland e o seu mar.

Un dos aspectos máis característicos do golfo e que posúe unha baixa salinidade o que permite que moitos peixes de auga doce vivan nel. Posúe unhas augas moi frías e pouco profundas, chegando a conxelarse durante uns meses ao ano na zona norte do golfo. A súa superficie é de 116.300 km², ten 725 km de lonxitude, entre 80 e 240 km de ancho e unha profundidade media de 60 m, sendo o seu máximo de 295.

Localización do Golfo de Botnia (Mar Báltico).

Entre Umeå e Vaasa o Golfo de Botnia forma a parte máis estreita.

Localidades do golfo[editar | editar a fonte]

Algunhas das localidades máis importantes que teñen costa neste golfo son: