Roca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Rocha.

Unha roca, máquina de fiar, torno de fiar ou fiadeira é un instrumento para fiar manualmente fibras téxtiles. Supuxo un avanzo na tecnoloxía dos tecidos desenvolvido en China ou na India entre os anos 500 e 1000 d.C.

A roca permite unha maior velocidade de fiado e produce un fío máis homoxéneo e resistente. Válese dunha roda accionada de diversas maneiras (movida en última instancia coa man ou co pé) que fai xirar o equivalente do fuso a moita velocidade e imprímelle unha torsión ao fío. Anteriormente á súa invención, a persoa que fiaba tiña que xuntar as fibras, facelas un nobelo e ademais transmitirlle ao tecido a torsión utilizando o fuso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roca

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]