Mar do Xapón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
O mar de Xapón, é un pequeno mar situado no oeste do Océano Pacífico, entre as illas xaponesas de Hokkaido, Honshu e Kyushu, a illa de Saxalín ao leste e a península de Corea e Rusia ao oeste. Cobre 978.000 de km² de superficie. A profundidade máxima é de 3.742 metros, aínda que a profundidade media situase en 1.752 metros. O mar conéctase con outros mares por seis estreitos:
- o estreito da Tartaria, entre o continente asiático e as illa Saxalín
- o estreito de La Pérousse entre Saxalín e Hokkaido
- o estreito de Tsugaru entre Hokkaido e Honshu
- o estreito de Kanmon entre Honshu e Kyushu
- o estreito de Tsushima entre Kyushu e Tsushima
- o estreito de Corea entre Tsushima e a península de Corea.