Golfo de California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O golfo de California resaltado nun mapa orográfico de México.

O golfo de California, tamén chamado mar de Cortés[1] é unha extensión do océano Pacífico situada entre a península de California e os estados de Sonora e Sinaloa, ao noroeste de México.

Ten unha lonxitude de 1203 km e a súa anchura varía entre os 92 e os 222 km.

No seu extremo norte encóntrase a desembocadura do río Colorado.

Illas e poboacións[editar | editar a fonte]

Nas súas augas encóntranse as seguintes illas pertencentes ao estado de Baixa California e administradas polo municipio de Mexicali: Ángel de la Guarda, Montague, Gore, Consag, El Huerfanito, Miramar, Coloradito, Encantada, Pómez, San Luis, Mejía, Granitos, Navío, Pelícano, Alcatraz, Coronadito, Smith, Pond e o grupo de illas e illotes que se encontran dentro da baía de los Ángeles.

Ao estado de Baixa California Sur pertencen as illas de Carmen, Cerralvo, Coronados, Espíritu Santo, Monserrat, Partida, San Diego, San Francisco, San José, San Marcos, Santa Catalina, Santa Cruz e, ao estado de Sonora, a illa Tiburón, que é a máis grande de México, cunha superficie de 1.208 km².

Nas súas costas, os portos máis importantes son Puerto Peñasco, Guaymas, San Felipe, La Paz, San José del Cabo, Santa Rosalía e Topolobampo.

As mareas deste golfo encóntranse entre as maiores do planeta, pois se mediron flutuacións de até 9 m no seu extremo norte.

Goza dunha inmensa concentración de organismos microscópicos e, como consecuencia, dunha extraordinaria biodiversidade grazas á abundante luz solar e ás augas ricas en nutrientes. Estes factores, así como as súas augas cristalinas, levaron ao oceanógrafo Jacques-Yves Cousteau a chamar a este lugar "o acuario do mundo".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]