Mar de Aral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Variación de extensión do Mar de Aral entre 1850 e 2003: perdeu mais da metade da súa superficie. Foto de satélite de 2003

O mar de Aral é un mar interior da Asia Central, situado entre os 53° e os 56° de latitude norte e entre os 58° e os 62° de lonxitude leste. Está situado entre Casaquistán ao norte e Usbequistán ao sur, é un grande lago de auga doce que está considerada como a cuarta extensión de auga doce da Terra.

Na actualidade está en grave degradación ao ser desviada durante décadas a agua dos dous ríos tributarios, Amur Daria e Sir Daria, con fins agrícolas, o que provocou que perdera unha grande parte da súa superficie e maior aínda do seu volume de auga.

En 1960 cobria 68 000 km², sendo o 4º maior lago do mundo. En 2000, a súa superfície xa estaba dividida en dúas partes. A separación entre o Pequeno mar ao norte e o Grande mar ao sur data de 1989. A evolución actual predi a desaparición total do segundo por volta de 2025.

Desaparición[editar | editar a fonte]

A diminución do volume de agua no Mar de Aral é considerado un dos maiores desastres ambientais e humanos da historia.

Recibindo agua de dous ríos, o Amu-Daria e o Syr-Daria, o Mar de Aral ven secando progresivamente desde 30 anos. As nacentes dos dous ríos é nas altas montanhas que fan parte do sistema do Himalaia e que distancian cerca de 1.000 km da foz. Durante toda esta extensión, sucesivas drenaxes feitas polo goberno soviético nas repúblicas da Asia Central a partir de 1920 fixeron que o fluxo dos rios no mar diminuise considerabelmente (o 90% do caudal no río Syr-Daria). As drenaxes feitas con propósitos de irrigación de culturas de algodón no Usbequistán, e arroz no Casaquistán, en pleno deserto. Os fluxos acumulados en anos normais dos dous ríos pasaron de 60 km³; na década de 1950 a 38,5 km³; en 1970, 10 km³; en 1975 e 1,3 km³; en 1986.

Na década de 1960, o mar de Aral tiña unha superficie de 66,5 mil km2, con profundidade média de 16 metros e salinidade de 1/3 mais baixa que a rexistrada xeralmente nos oceanos. Dous rios principais lanzabam as suas aguas no Aral: o Amu Daria, ao sur e o Sir Daria a nordeste. Por ano proporcionaba 40 mil toneladas de pesca, e era unha rica fonte para a variedade biolóxica da rexión. Nesta mesma década, as autoridades soviéticas intensificaron a política de irrigación, utilizando as aguas dos rios. A meta era cultivar 7 millóns de hectáreas da Asia Central na cultura do algodón. Ese sistema de cultivo tornou en pouco tempo o Usbequistán no cuarto maior produtor e no segundo exportador mundial do “ouro branco”. Tal éxito económico provocou enormes danos ao medio ambiente e ás poboacións da rexión, especificamente para mais de 1 millón de persoas da Karakalpakia, república autónoma do Usbequistán.

Actualmente, o nivel do Mar de Aral baixou de 22 m desde 1960 e perdeu o 60% da súa superficie. O seu volume pasou de 100 km3 a 650 km3 de 1960 a 1990. O litoral recuou mais de 80 km. En 1990 mais do 90% das terras húmidas ao redor da rexión secaron.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bissell, Tom. "Eternal Winter: Lessons of the Aral Sea Disaster." Harper's, abril de 2002, pp. 41–56.
  • Ellis, William S. "A Soviet Sea Lies Dying." National Geographic, febreiro de 1990, pp. 73–93.