Primeira División Española
| Fundación | 1929 |
|---|---|
| Rexión | |
| Confederación | |
| Equipos | 20 |
| Copa | Copa do Rei |
| Descenso | Liga Adelante |
| Internacional | UEFA Champions League UEFA Europa League |
| Actual campión | FC Barcelona (22 títulos) |
| Máis laureado | Real Madrid (32 títulos) |
| Emisión en TV | Canal+ GolT Cuatro |
| Organizador | Liga de Fútbol Profesional (LFP) |
| Sitio web | www.lfp.es |
A Primeira División española, coñecida como A Liga (oficialmente e por motivos de patrocinio, Liga BBVA[1]), é a máxima categoría da Liga española de fútbol, na que participan os mellores equipos españois. Comezou a desputarse en 1929.
Un total de 59 equipos pasaron pola categoría, sendo campións só 9 equipos. Real Madrid e Barcelona son os claros dominadores do torneo con 32 e 22 ligas respectivamente. Os outros sete campións son Atlético de Madrid, Athletic, Valencia, Real Sociedad, Deportivo, Sevilla e Betis.
A Primeira División española é a mellor liga do mundo segundo o ranking oficial da IFFHS, publicado en xullo de 2010.[2] A Liga ocupa ademais o segundo lugar en Europa, segundo o coeficiente da UEFA, en base aos últimos resultados en competicións europeas.
Índice |
Sistema de competición [editar]
A Primeira División de España (oficialmente Liga BBVA) é un torneo organizado e regulado , conxuntamente coa Segunda División, pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP), cuxos membros son os propios clubs participantes.
A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.
Consta dun grupo único integrado por vinte clubs de toda a xeografía española. Seguindo un sistema de liga, os vinte equipos enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.
A clasificación final establécese con arranxo aos puntos obtidos en cada enfrontamento, a razón de tres por partido gañado, un por empatado e ningún en caso de derrota. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualan a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación son os seguintes:
- O que teña unha maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos.
- Se persiste o empate, tense en conta a diferenza de goles a favor e en contra en todos os encontros do campionato.
- Se continuan empatados, gaña o que máis goles a favor teña dos dous en todos os partidos do torneo.
Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate son os seguintes:
- A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre se polos clubs implicados.
- A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre se polos clubs implicados.
- A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros do campionato.
- O maior número de goles a favor tendo en conta todos os encontros do campionato.
- O club mellor clasificado con arranxo aos baremos de fair play (xogo limpo).
Efectos da clasificación [editar]
| Posto | Clasificación |
| 1º | Liga de Campións (directa) |
| 2º | |
| 3º | |
| 4º | Liga de Campións (rolda previa) |
| 5º | UEFA Europa League |
| 6º | |
| 7º-17º | |
| 18º | Descenso a Segunda División |
| 19º | |
| 20º |
O equipo que máis puntos suma ao final do campionato é proclamado campión de liga. Xunto co subcampión e o terceiro clasificado, obtén o dereito automático a participar na seguinte edición da Liga de Campións da UEFA (Champions League). O cuarto poderá participar en dita Champions League a condición de que pase unha rolda previa desa competición (se non a superan xogarán a Liga Europa). O quinto e o sexto clasificado teñen dereito a xogar a Liga Europa (UEFA Europa League) a tempada seguinte.
Os tres últimos equipos descenderán á Segunda División. Desta ascenderán recíprocamente os tres primeiros clasificados, para substituír aos equipos que descendan.
Ata fai poucos anos os dous últimos clasificados descendían directamente a Segunda, e o 17º e o 18º xogaban a promoción, é dicir, enfrontábanse ao terceiro e cuarto clasificado de Segunda División respectivamente. Os vencedores deses partidos lograban xogar na Primeira División a tempada seguinte e os perdedores tiñan que conformarse con xogar en Segunda.
Na tempada 1986/87, chegouse a xogar un sistema de play-off, que ao termo da tempada regular dividiu aos equipos en tres grupos de 6 conxuntos cada un, conforme á clasificación que obtiveran tras as 34 xornadas ordinarias. Seis loitaron polo título, seis pola Copa da Liga, e seis loitaron por eludir o descenso. Os puntos cultivados nos play-offs sumáronse aos alcanzados na liga regular.
Inscrición de futbolistas [editar]
Os clubs poden aliñar aos futbolistas que previamente sexan inscritos, dispondo dun máximo de 25 fichas federativas. Destas, só tres poden corresponder a futbolistas estranxeiros non comunitarios, é dicir, xogadores cuxa nacionalidade non corresponda aos países da Unión Europea. Nos partidos, estes tres "extracomunitarios" poden aliñarse simultaneamente.
Existen dous períodos abertos para a inscrición de futbolistas: o primeiro, antes de iniciarse a competición (meses de xullo e agosto) e o segundo a metade de tempada (durante o mes de xaneiro). Fóra destes períodos só se autorizan inscricións, de forma excepcional, se un xogador causa baixa por lesión cun período de inactividade estimado de máis de cinco meses.
Á marxe dos 25 futbolistas profesionais inscritos, os clubs poden aliñar aos xogadores da súa filial e categorías inferiores de forma ilimitada se estes son menores de vinte e tres anos e non teñen licenza profesional. Se, pola contra, son maiores de vinte e tres anos, o regulamento impídelles volver actuar nun equipo de categoría inferior se disputan máis de dez partidos en Primeira División.
Xustiza deportiva [editar]
As cuestións de xustiza deportiva son competencia da Real Federación Española de Fútbol a través dos seus Comités de Disciplina Deportiva: Comité de Competición, Xuíces de Competición e Comité de Apelación. O Comité de Competición ditamina semanalmente as sancións aos futbolistas. Os xogadores son sancionados cun partido de suspensión en caso de acumular cinco amoestacións ao longo do campionato. Igualmente, son suspendidos aqueles futbolistas expulsados durante un encontro.
Os árbitros de cada partido son designados por unha comisión creada para tal obxectivo e integrada por representantes da LFP e a RFEF.
Participantes [editar]
Equipos [editar]
Nesta división participaron 59 equipos diferentes pero só tres permaneceron en Primeira división desde o principio. Os únicos clubs que disputaron todas as tempadas da Liga, sempre en Primeira División, son o Real Madrid, o FC Barcelona e o Athletic Club de Bilbao. Estes tres, xunto con Osasuna, son os únicos que seguen sendo entidades deportivas propiedade dos seus socios, e non Sociedades Anónimas Deportivas propiedade de accionistas.
O único estadio que acolleu todas as edicións da Liga é San Mamés, o estadio do Athletic Club de Bilbao. Por outra parte, o estadio máis antigo dos clubs que actualmente xogan en Primeira é El Molinón, inaugurado en 1908 e utilizado polo Sporting de Xixón.
Actualmente hai 20 equipos no torneo. Aínda que nos primeiros anos só participaban 10 equipos, máis adiante foise incrementando paulatinamente a cifra ata os actuais 20 equipos, aínda que se chegou ata aos 22 durante as tempadas 1995-96 e 1996-97.
Equipos participantes (tempada 2012-13) [editar]
- Artigo principal: Primeira división española 2012/13.
Participación de estranxeiros na Liga [editar]
Cada club pode inscribir na liga a 25 xogadores cada tempada, dos que só tres poden ser "extracomunitarios", é dicir, xogadores de nacionalidades alleas aos países da Unión Europea. A lexislación europea non fai distinción entre xogadores nacidos en España e os nados en calquera outro país da Unión.
Inicialmente non estaba autorizada a participación de estranxeiros na Liga; só podían competir os chamados "oriúndos", estranxeiros que se nacionalizaban ou que acreditaban ter antecedentes familiares españois. A "normativa dos oriúndos", con todo, foi obxecto de moitas polémicas e orixe de corruptelas. Por iso, aboliuse finalmente en 1974 e autorizouse a participación de dous estranxeiros por club, feito que incrementou a calidade e atractivo da Liga, comezando coa fichaxe de Johan Cruyff polo FC Barcelona.
Nos anos 1990 autorizouse a participación dun terceiro estranxeiro por equipo, e posteriormente dun cuarto, coa condición de que só tres coincidisen á vez sobre o terreo de xogo. Coa "Sentenza Bosman" de 1995, que abriu as portas da Liga a todos os europeos, reducíronse a tres as prazas de extracomunitarios por club, para protexer os intereses dos xogadores españois.
Déronse varios casos de equipos (máis ben de adestradores) que han "omitido" esta norma. Na tempada 2003-2004 o adestrador do Racing de Santander, Lucas Alcaraz, aliñou na cancha, durante 2 minutos, a 4 extracomunitarios á vez no partido disputado ante Osasuna o 14 de decembro do 2003[3]. Esta acción valeulle ao Racing perder o punto obtido en devandito partido e unha sanción económica, ademais dunha suspensión ao técnico cántabro[4]. Outros casos similares ocorreron na tempada 98-99, con Jorge Valdano en dúas ocasións, unha co Real Madrid en 1994 e a segunda nun partido entre o Valencia CF e o Racing de Santander[5] e con Sergio Kresic nun encontro entre o Real Valladolid e o Real Betis. En outubro do 2001, Rafael Benítez cometeu un erro similar, pero nun partido pola Copa do Rei entre o Valencia CF e o Novelda, ao aliñar a 4 extacomunitarios no último minuto [6].
Non existe nin existiu normativa que condicione a nacionalidade dos adestradores.
Os equipos galegos en Primeira División [editar]
Un total de 4 equipos galegos pasaron pola Primeira División na súa historia.
| Posto | Equipo | Tempadas | Puntos | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 11º | Deportivo da Coruña | 41 | 1666 | 1378 | 532 | 337 | 509 | 1882 | 1941 |
| 12º | Celta de Vigo | 46 | 1547 | 1508 | 519 | 348 | 641 | 2041 | 2347 |
| 38º | SD Compostela | 4 | 190 | 160 | 52 | 45 | 63 | 199 | 241 |
| 42º | Pontevedra CF | 6 | 150 | 180 | 53 | 44 | 83 | 165 | 221 |
- Actualizado ata a tempada 2010/11.
Historia [editar]
Arranque e primeiras décadas [editar]
En abril de 1927, José María Acha, adestrador do Arenas Club de Getxo, propuxo a creación dunha liga nacional en España. Despois de moito debate sobre o tamaño da liga e quen ía participar, a Real Federación Española de Fútbol chegou a un acordo sobre os dez equipos que formarían a primeira tempada da Primeira División en 1929. Barcelona, Real Madrid, Athletic de Bilbao, Real Sociedad, Arenas de Getxo e Real Unión foron seleccionados como gañadores anteriores da Copa de España; Atlético de Madrid, Espanyol e Europa como subcampións, e o Racing de Santander, como gañador dunha eliminatoria. Só tres dos clubs fundadores, Real Madrid, Barcelona e Athletic, nunca baixaron a Segunda División.
Aínda que o Barcelona gañou a primeira liga en 1929 e o Real Madrid gañou os seus primeiros títulos en 1932 e 1933, foi o Athletic de Bilbao, o que definiu o ritmo inicial gañador da Primeira División, proclamándose campión en 1930, 1931, 1934 e 1936. Ademais foron subcampións en 1932 e 1933. En 1935, o Real Betis, entón coñecido como Betis Balompié, gañou o seu único título ata hoxe. A Primeira División foi suspendida durante a Guerra civil española.
En 1937, os equipos da zona republicana de España, coa excepción notábel dos dous clubs de Madrid, participaron no campionato Mediterráneo e o FC Barcelona proclamouse campión. Setenta anos despois, o 28 de setembro de 2007, o Barcelona solicitou á RFEF recoñecer ese título como un título da Liga. Esta acción foi tomada logo de que a federación concedera a Copa da España Libre gañada polo Levante UD en 1937 como equivalente á Copa do Rei.
Cando a Primeira División continuou despois da Guerra civil foron Atlético Aviación (actual Atlético de Madrid), Valencia e Sevilla os equipos máis fortes na categoría. O Atlético Aviación foi premiado cun posto na tempada 1939-40 como substituto para o Real Oviedo, cuxo estadio quedou danado durante a guerra. O equipo proclamouse campión nesa tempada e repetiu título na seguinte. O Valencia gañou os títulos de 1942, 1944 e 1947. Ademais foron subcampións en 1948 e 1949. Finalmente, o Sevilla tamén tivo unha breve época dourada, rematando como subcampión en 1940 e 1942, antes de gañar o seu único título ata a data, en 1946. A finais da década, o Barcelona comezou a emerxer e conseguiu os títulos de 1945, 1948 e 1949.
O inicio do dominio dos dous grandes [editar]
A pesar de que o Atlético Aviación de Helenio Herrera foi campión en 1950 e 1951, a década de 1950 viu o inicio do dominio de Real Madrid e Barcelona. Nas primeiras décadas da liga, había impostos polas fichaxes de estranxeiros, e eran poucos os xogadores de fóra de España que xogaban na Liga. Con todo, o Real Madrid e o Barcelona romperon estas regras. Inspirado por Kubala, o Barça conseguiu o título en 1952 e 1953. Di Stéfano, Puskás e Gento Francisco formaron o núcleo do Real Madrid que dominou a segunda metade da década. O club gañou os títulos de 1954 e 1955. O equipo foi tamén vencedor en 1957 e 1958, só interrumpido por unha liga gañada polo Athletic Club. Durante este período, o Real Madrid tamén gañou cinco títulos europeos consecutivos. O Barcelona, cun equipo adestrado por Helenio Herrera e co galego Luis Suárez gañou o título en 1959 e 1960.
Entre 1961 e 1980, o Real Madrid dominou a Primeira División sendo coroado campión en 14 ocasións. Isto inclúe un período de cinco ligas consecutivas (1961-1965) e dous de tres (1967-1969 e 1978-1980). Durante esta época só destacaron os catro títulos do Atlético de Madrid en 1966, 1970, 1973 e 1977. Outros dous clubs, o Valencia en 1971 e o Barcelona con Johan Cruyff en 1974 conseguiron romper o dominio do Real Madrid.
As ligas vascas, a Quinta del Buitre e o Dream Team [editar]
A secuencia gañadora do Real Madrid foi pechada de forma máis significativa en 1981, cando a Real Sociedad gañou o primeiro título da súa historia. O equipo donostiarra repetiu en 1982 e logo viñeron dúas ligas gañadas polos seus veciños vascos, o Athletic de Bilbao, en 1983 e 1984. Terry Venables levou ó Barcelona a un título solitario en 1985, antes de que o Real Madrid vencera novamente cinco consecutivas (1986-1990) cun equipo, adestrado por Leo Beenhakker, e con Hugo Sánchez e a lendaria Quinta del Buitre, formada por Emilio Butragueño, Manolo Sanchís, Martín Vázquez, Míchel e Miguel Pardeza.
Johan Cruyff regresou ó Barcelona como adestrador en 1988, e montou o lexendario Dream Team. Cruyff introduciu xogadores como Josep Guardiola, José Mari Baker, Txiki Beguiristain, Goikoetxea, Ronald Koeman, Michael Laudrup, Romário e Hristo Stoichkov. Este equipo gañou catro ligas consecutivas entre 1991 e 1994 e gañou a súa primeira Copa de Europa en 1992. Laudrup marchou entón ao eterno rival e acabou a gran época de Cruyff. O Atlético de Madrid gañou a súa novena liga en 1996, antes de que o Real Madrid engadira un trofeo máis á súa historia, en 1997. Despois do éxito de Cruyff, outro holandés, Louis van Gaal, chegou ao Camp Nou, e co talento de Luís Figo, Luis Enrique e Rivaldo, o Barcelona volveu gañar o título en 1998 e 1999. Mentres tanto, o Real Madrid tamén tivo éxito na competición continental, sendo gañador da Liga de Campións en 1998.
Século XXI [editar]
Cando a Primeira División entrou no novo século, os dous grandes tiveron que afrontar novos retos. Entre 1993 e 2004, o Deportivo da Coruña rematou entre os tres primeiros en dez ocasións, unha marca mellor que calquera Real Madrid ou Barcelona, e en 2000, con Javier Irureta como adestrador, convertiuse no noveno equipo en ser campión. O Real Madrid gañou dous títulos de Liga en 2001 e 2003 e tamén a final da Liga de Campións en 2000 e 2002, e gañou o seu terceiro título de liga en 2007, tras unha seca de tres anos. O equipo branco atopou no Valencia ao seu máximo competidor nas dúas competicións. Baixo a dirección de Héctor Cúper, o Valencia chegou á final da Liga de Campións en 2000 e 2001. O seu sucesor, Rafael Benítez, levou ao club ao título de Liga en 2002 e a facer un dobrete de Liga e Copa da UEFA en 2004. A tempada 2004-05 viu un rexurdimento do FC Barcelona con Ronaldinho gañando a primeira liga da década, seguida dun dobrete de Liga e Champions en 2005-06. O Real Madrid gañou a liga nas tempadas 2006-07 e 2007-08, na que o Villarreal foi subcampión. O Barcelona gañou novamente a liga na tempada 2008-09, na que tamén conseguiu o resto de copas, sendo o primeiro equipo da historia en gañar tódalas competicións nun mesmo ano. Na tempada 2009-10 gañou a súa 20ª liga cunha marca histórica de 99 puntos, e na tempada seguinte volveu repetir, sendo a terceira liga consecutiva para os blaugranas.
Estatísticas [editar]
Partidos consecutivos:
- Gañando: Barcelona, 16 (2010-11)
- Sen perder: Real Sociedad, 38 (1978-80)
- Empatando: Burgos, 9 (1977-79)
- Perdendo: Las Palmas, 11 (1959-60)
- Sen gañar: Sporting de Gijón, 24 (1996-98)
- Sen recibir gol: Atlético de Madrid, 13 (1990-91)
- Sen marcar: Sabadell (1987-88) e Castellón (1990-91), 8
Máis goles:
- Partido con máis goles: Atlético 9-5 Racing de Santander (1932-33)
- Máis goles dun equipo: Athletic 12-1 Barcelona (1930-31)
- Visitante con máis goles: Las Palmas 0-8 Barcelona (1959-60) e Almería 0-8 Barcelona (2010-11)
- Empate con máis goles: Atlético 6-6 Athletic (1949-50)
Historial [editar]
Palmarés [editar]
A pesar de que 59 equipos diferentes disputaron a Liga de Primeira División, ata agora só foron capaces de gañar o torneo 9 clubs: Real Madrid en 32 ocasións; FC Barcelona, 22; Atlético de Madrid, 9; Athletic de Bilbao, 8; Valencia CF, 6; Real Sociedad, 2 e Real Betis, Sevilla FC e Deportivo da Coruña en 1.
Aínda así, as últimas 25 tempadas, dous equipos, Barcelona e Real Madrid, acapararon os campionatos en 21 ocasións. Esta monotonía é soamente superada pola Liga exipcia, onde os equipos Al-Ahly e Zamalek foron campións en dezaoito dos últimos vinte anos, e a Liga escocesa onde o Celtic e o Rangers repartíronse os 20 últimos títulos.
Por equipos [editar]
- 1. Inclúe os datos do Atlético Aviación.
Trofeos en propiedade [editar]
O trofeo da Liga entrégase ao club campión, que a conserva durante un ano, ata cedela ao campión da seguinte edición. Logo de devolvela, os clubs só poden exhibir nas súas vitrinas unha copia a escala reducida do orixinal. Con todo, o equipo que consegue gañar en cinco ocasións alternas ou tres consecutivas o mesmo trofeo, queda con el en propiedade; e comézase un novo ciclo pondo todos os contadores de títulos a cero (é dicir, os títulos conseguidos anteriormente por outros equipos non son acumulables). A partir da tempada 2011-12 estará en disputa o undécimo trofeo, habéndose repartido tres clubs a propiedade dos dez anteriores:
- O Real Madrid é propietario de 5 trofeos de liga, do terceiro (1953-61) ao sétimo (1979-88).
- O FC Barcelona é propietario de 4 trofeos, o segundo (1943-53), oitavo (1988-93), noveno (1993-2006) e décimo (2007-2011).
- O Athletic Club gañou en propiedade o primeiro trofeo (disputado entre 1929 e 1943).
Distincións individuais [editar]
O diario deportivo Marca concede diversos premios anuais individuais. Os máis antigos e prestixiosos son o "Trofeo Pichichi", que distingue ao xogador máximo goleador da tempada, e o "Trofeo Zamora", que distingue ao porteiro que, habendo disputado a maioría de partidos, encaixou menos goles. Tamén se concede o "Trofeo Guruceta" ao mellor árbitro da tempada (en honra a Carlos Guruceta).
Xogadores [editar]
| Récord | Primeiro | Segundo | Terceiro |
| Máis partidos | 622 partidos |
550 partidos |
543 partidos |
| Máis goles | 251 goles en 277 partidos |
234 goles en 347 partidos |
228 goles en 550 partidos |
| Máis títulos | 12 ligas en 19 tempadas |
10 ligas en 17 tempadas |
9 ligas en 14 tempadas |
| Goleador máis novo | 16 anos e 289 días |
16 años e 353 días |
17 anos e 36 días |
| Goleador con máis idade | 40 anos e 138 días |
40 anos |
39 anos e 231 días |
| Debutante máis novo | 15 anos e 255 días |
15 anos e 288 días |
16 anos e 83 días |
| Debutante con máis idade | 48 anos e 226 días |
36 anos e 55 días |
35 anos e 278 días |
Máximos goleadores [editar]
| Pos. | Futbolista | Goles | Partidos | Gol./Part. | Equipo (s) |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | 252 | 278 | 0,91 | Athletic de Bilbao (252) | |
| 2º | 234 | 347 | 0,67 | Atlético de Madrid (54), Real Madrid (164), Rayo Vallecano (16) | |
| 3º | 228 | 550 | 0,41 | Real Madrid (228) | |
| 4º | 227 | 329 | 0,68 | Real Madrid (216), RCD Espanyol (11) | |
| 5º | 226 | 353 | 0,64 | Granada CF (23), FC Barcelona (195), Cultural Leonesa (3), Elche CF (5) | |
| 6º | 219 | 448 | 0,48 | Sporting de Gijón (165), FC Barcelona (54) | |
| 7º | 210 | 278 | 0,75 | Celta de Vigo (56), Real Madrid (108), Deportivo (46) | |
| 8º | 195 | 231 | 0,84 | Valencia CF (186), CD Alcoyano (9) | |
| 9º | 186 | 461 | 0,40 | Real Madrid (186) | |
| 10º | 182 | 349 | 0,52 | Sevilla FC (182) |
Xogadores destacados [editar]
Na liga española xogaron numerosos gañadores do Balón de Ouro, FIFA World Player, Bota de Ouro ou Once de Ouro:
| Xogador | Balón de Ouro | FIFA World Player | Bota de Ouro | Once de Ouro |
| 3 | 0 | 0 | 0 | |
| 3 | 1 | 1 | 1 | |
| 2 | 3 | 1 | 2 | |
| 2 | 0 | 0 | 0 | |
| 1 | 3 | 0 | 3 | |
| 1 | 1 | 1 | 1 | |
| 1 | 2 | 0 | 1 | |
| 1 | 1 | 0 | 1 | |
| 1 | 1 | 0 | 1 | |
| 1 | 1 | 0 | 0 | |
| 1 | 0 | 1 | 1 | |
| 1 | 0 | 0 | 0 | |
| 1 | 0 | 0 | 0 | |
| 1 | 0 | 0 | 0 | |
| 1 | 1 | 0 | 0 | |
| 1 | 0 | 0 | 0 | |
| 0 | 1 | 0 | 0 | |
| 0 | 0 | 2 | 2 | |
| 0 | 0 | 2 | 0 | |
| 0 | 0 | 1 | 0 | |
| 0 | 0 | 1 | 0 | |
| 0 | 0 | 1 | 0 | |
| 0 | 0 | 1 | 0 | |
| 0 | 0 | 1 | 0 | |
| 0 | 0 | 1 | 0 | |
| 0 | 0 | 1 | 0 | |
| 0 | 0 | 1[7] | 0 | |
| 0 | 0 | 0 | 2 | |
| 0 | 0 | 0 | 1 |
Adestradores [editar]
| Récord | Primeiro | Segundo | Terceiro |
| Máis títulos | 9 ligas en 13 tempadas |
4 ligas en 8 tempadas |
4 ligas en 14 tempadas |
| Máis partidos | 757 part en 25 tempadas |
612 part en 19 tempadas |
608 part en 21 tempadas |
Árbitros [editar]
| Récord | Primeiro | Segundo | Terceiro |
| Máis partidos | 279 partidos |
262 partidos |
248 partidos |
Notas [editar]
- ↑ Presentado o acordo polo que a Primeira División chamarase Liga BBVA e a Segunda, Liga Adelante
- ↑ IFFHS (5 de xaneiro de 2010). "A Mellor Liga de Fútbol do Mundo 2009". http://www.iffhs.de/?b6e28fa3002f71504e52d17f7370eff3702bb0a35b14. Consultado o 5 de xaneiro de 2010.
- ↑ El Mundo.es - O Racing xogou con 4 extracomunitarios ante Osasuna
- ↑ libertaddigital.com
- ↑ lasprovincias.es
- ↑ As.com - Benítez cometeu o erro de Valdano
- ↑ Sería bota de ouro na tempada 1947/1948, pero o trofeo non se instaurou ata 1967.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||
|
|||||
|
|||||||||||||