Coia, Vigo
| Coia | |
|---|---|
| Avenida de Castelao en Coia. | |
| Concello | Vigo |
| Área | - km² |
| Poboación | 30.000 hab. (2003) |
| Entidades de poboación | 4 |
San Martiño de Coia-As Travesas é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Alcabre, Bouzas, Castrelos, Comesaña, Freixeiro, Matamá e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Polígono.
Ten dúas entidades de poboación (Coia e As Travesas), 4 lugares e máis de 30.000 veciños (2003). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Adro, Carballa, O Castro Castriño, O Chouzo A Espedrigada, Esturáns, Figueirido, Lavadouro e Quintela.
Índice |
Historia [editar]
Antigamente nas Travesas atopábanse as cocheiras dos tranvías. En 1941 levantouse na praza de Travesas (actual praza de América) o IES Santa Irene, grazas á doazón de Policarpo Sanz.
Os primeiros edificios foron construídos pola Promotora Benéfico Popular da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Despois construíronse vivendas promovidas en cooperativa por empresas como Citroën e os estaleiros Vulcano, amais de vivendas de protección oficial.
No seu momento o barrio foi criticado polos desmáns urbanísticos, que deron pé á construción de edificios sumamente altos, e pola alta criminalidade e marxinalidade na zona.
Descrición [editar]
Na actualidade é un tranquilo barrio residencial con numerosas zonas verdes. É un dos barrios máis poboados da cidade, estruturado en torno á avenida de Castelao, que vai dende a Praza de América ata a Avenida de Europa (camiño para ir a Samil).
No barrio hai varios colectivos cidadáns: as asociacións de veciños "Camiño Vello" (organizadora da famosa Marcha Ciclista de Coia, creada pola fundadora da Asociación Xuvenil desta AAVV: Nelly Pérez Giráldez) e "Cristo da Vitoria" (organizadora do Medio-Maratón de Coia), o comité de solidariedade Óscar Romero, a Asociación Xuvenil Luar, o Club Vigo Voleibol (con sede no Pavillón de Coia) e o C.D. Coya (decano do fútbol galego)[Cómpre referencia] .
O calendario estival acolle en Xullo as Festas da Consolación cos seus conseguintes fogos artificiais.
Instalacións [editar]
Na parroquia atópase o Pavillón Polideportivo Coia, lugar en que xoga os seus partidos o Club Vigo Voleibol, equipo profesional de voleibol que milita na Superliga. Tamén se atopa o Complexo Deportivo das Travesas, onde se celebran partidos de fútbol sala, voleibol, hóckey a patíns, baloncesto, etc, así coma mitins e outros actos políticos e numerosos concertos de música.
O campo de fútbol da Bouza é o feudo do C. D. Coia e do Club Victoria. Outro club de relevancia é o Seis do Nadal de balonmán.
O campo de fútbol de Coia acolleu os partidos do Real Club Celta de Vigo até a construción do Estadio de Balaídos. Ademais, en 1922 acolleu a final da Copa do Rei de fútbol.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Coia, Vigo.
Notas [editar]
- ↑ Ficha na web do concello.
- ↑ Igrexa parroquial na Rúa Baiona, 42.214919° N 8.749979° W
- ↑ Igrexa parroquial na Avenida de Castelao, 42.218188° N 8.748546° W
- ↑ Igrexa parroquial na Rúa Lalín, 42.221145° N 8.733999° W
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Coia [editar]
| Lugares da parroquia de Coia no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
Parroquias de Vigo [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Estudo sobre a toponimia da parroquia de Coia levado a cabo por Ivan Sestay Martínez.