Conversa:Coia, Vigo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O C.D. Coya non é o decano do fútbol galego. O decano é o R.C.D. La Coruña, fundado en 1906. Séguenlle, C. Rápido de Bouzas (fundado en 1914) e Racing C. de Ferrol (fundado en 1919). --88.22.108.116 11:50, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Referencias? Por favor. grazas. --. HombreDHojalata.conversa 13:17, 14 de marzo de 2012 (UTC)
A propia páxina web do CD Coya proclama o seu "título" de club decano do fútbol galego, con ano de fundación: 1911. Non obstante outros clubs galegos, como o Vigo Sporting, disputaron anteriormente a Copa do Rei de 1908. De feito, o antigo Campionato Galego de Fútbol naceu en 1905. Tampouco é o club mais antigo dos actualmente existentes, tendo en conta que a páxina oficial do RC Deportivo da Coruña di que foi fundado en 1906. Por outra banda, está globalmente aceptado que o fútbol apareceu por vez primeira en España no ano 1873 en Vilagarcía de Arousa, feito polo cal o Arosa SC ten rifado en ocasión co Recreativo de Huelva polo "título" de decano do fútbol español. En resumen, semella que o CD Coya non é o decano do fútbol galego en ningún sentido, por moito que o club diga que sí o é. - JonnyJonny (conversa) 12:48, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Sinto dicir que o de Vilagarcía 1873 se demostrou unha patraña, unha absoluta mentira. E aínda que fose certo (que non o é, porque alguén colleu crónicas, fixo un corta e pega lamentable e inventou esa noticia, que, repito É TOTALMENTE FALSA), o Arosa S. Cult. non ten nada que rifar co Recreativo de Huelva, xa que o club arosista foi fundado en 1946. En Vilagarcía as primeiras noticias futbolísticas son de 1905, cando se forma o Villagarcía F.C. (que, obviamente, non existe hoxendía). Por outra banda, a meirande parte das webs dos clubs contan mentiras, aportan datos cheos de inexactitudes e ningún rigor histórico. O C.D. Coya actual non é o decano do fútbol galego, non é aquel C.D. Coya de comezos de século, por favor. O decano galego é o R.C.D. La Coruña (1906), seguido por C. Rápido de Bouzas (1914) e Racing C. de Ferrol (1919). Eses tres clubs LEVAN EXISTINDO ININTERROMPIDAMENTE dende os seus anos de fundación. Por outra banda, as primeiras cidades en coñecer o fútbol en Galicia foron VIGO en 1883 e FERROL en 1892 (ver o libro dedicado ás orixes do Racing C. de Ferrol "1919: así naceu o Racing", de Jorge Deza, publicado en 2013). Desas cidades, e desas datas, son OS DATOS CONSTATADOS das orixes do fútbol galego. Os primeiros clubs galegos naceron en Vigo (1904, Vigo F.C., e 1905, Fortuna F.C.), Ferrol (1904, Unión C. de La Graña e Ferrol F.C.) e A Coruña (1904, Corunna F.C.). --88.14.215.85 28 de agosto de 2013 ás 21:52 (UTC)[responder]

    • O Deportivo nom e decano de ná, xa que nom foi fundado en 1906 o que foi fundado nese ano es o Club Deportivo de la Sala Calvet que nada ten que ver co Real Club Deportivo da la Coruña, queredes facer trampas xa que tampouco podes cando foi o troco de nome por o existente, o que pon é que no ano 1909 pediron o de REAL.
    • Se nos ponemos asi enton o Vigo Sporting eo Fortuna que son o CELTA son os decanos do futbol GALEGO.

O C.D. Coya non é de 1911. Acaso poden demostrar nese clube que levan existindo como club federado ano tras ano SEN INTERRUPCIÓNS dende 1911? ROTUNDAMENTE NON. Eu mirei todos os anuarios da RFEF dende os anos vinte até os tempos actuais e aquel C.D. Coya orixinal de 1911 desapareceu axiña... O club actual é outro distinto, moito máis recente. Por outra banda, aínda que fosen de 1911 (que non o son) DE DECANOS NADA, porque o R.C.D. La Coruña é de 1906. O decano do fútbol vigués é o CLUB RAPIDO DE BOUZAS, FUNDADO EN 1914. Así que respéctense os historiais dos clubs que si levan existindo moitos anos SEN DESAPARICIÓNS NIN COUSAS SEMELLANTES, como Deportivo, Rapido de Bouzas, Racing de Ferrol, etc. --88.14.215.85 28 de agosto de 2013 ás 22:00 (UTC)[responder]

Coia xa non é parroquia administrativa[editar a fonte]

Bouzas, Coia, San Paio e San Xoan do Monte non son parroquias administrativas do municipio....

Abundando no anterior. Coia e os seus datos de poboación non aparece na páxina do IGE. --. HombreDHojalata.conversa 2 de xullo de 2014 ás 19:17 (UTC)[responder]

Coia e un barrio de Vigo, nom umha parroquia
Respondo en Conversa:Lugares_de_Vigo#Parroquias_que_non_son_administrativas_segundo_o_concello. One2 (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 15:49 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Coia, Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de setembro de 2018 ás 04:44 (UTC)[responder]