Bouzas, Vigo
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bouzas.
Coordenadas: 42°13.55′N 08°45.21′W / 42.22583°N 8.7535°W
| Bouzas | |
|---|---|
| Situación de Bouzas | |
| Concello | Vigo |
| Área | 12 km² |
| Poboación | (Ano 2003) 5.000 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 1 |
San Miguel de Bouzas é unha parroquia do concello de Vigo. Ten unha entidade de poboación e aproximadamente 5.000 veciños (2003). Limita coas parroquias de Alcabre e Coia e pertence ó arciprestado de Vigo-Polígono. Bouzas foi un concello independente ata 1904.
Índice |
[editar] Descrición
É unha das parroquias máis antigas e tamén máis grandes. A igrexa parroquial foi construída encol dunha rocha no século XVI e reedificada no XVII. Foi o corazón mariñeiro de Vigo. No 1501 o bispo de Tui concedeulle o dereito de ter alfolín (depósito de sal e de carga e descarga de mercadorías). Segundo algúns historiadores, o cruceiro vello (construído no 1802) marca o lugar onde naceu a vila. Consérvanse numerosas casas nobres, que reflicten a puxanza de Bouzas no pasado.
Na parroquia sitúanse os estaleiros industriais, o Liceo Marítimo de Bouzas, o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o Centro Tecnolóxico do Mar e o IES Audiovisual de Vigo (EAV).
[editar] Galería de imaxes
-
Automóbiles da fabrica de Citroën, estacionados en Bouzas.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Bouzas
| Lugares da parroquia de Bouzas no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Bouzas |
[editar] Parroquias de Vigo
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Juan Miguel González Fernández (2004), La anexión del Ayuntamiento de Bouzas a Vigo (1900-1904), Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-25-4.