Parroquia eclesiástica galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
División de Galiza en parroquias (administrativas), concellos e provincias

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O termo parroquia deriva do grego paroikía, que significa "habitación" ou "reunión de habitantes". Trocouse co tempo en paroecia e parochia.

Tamén eran chamadas parochia as primeiras dioceses, xeralmente con anterioridade ó século V, aínda que agora este termo se usa para os bispados.

O reino suevo, amosando as distintas dioceses que o compuñan.

Unha das primeiras mencións as parroquias ven do tratado "Parochiale", tamén chamado "División de Teodomiro" (Divisio Theodemiri), firmado no ano 569 polo rei suevo Teodomiro. Neste tratado están comprendidas as dioceses tanto de Galicia coma do norte de Portugal, e di cal é o crego relacionado ca parroquia (inclúe parroquias maiores e menores).

Ó longo da historia apareceron textos que documentan as parroquias, como poden ser o testamento de Odoario (ano 760), o diploma de Aloito (ano 745).

Durante os séculos IX e XII as parroquias non aparecen como entidades tales, senón como vilas. Non será ata o século XIII cando aparezan definidas claramente.

Mediante a agrupación destas entidades parroquiais foron creados administrativamente os concellos en 1835. Aínda que xurdiron das parroquias eclesiásticas daquela, as parroquias administrativas actuais non coinciden con elas, nin os concellos cos arciprestados, pois por unha banda as eclesiásticas modificáronse (normalmente agregáronse no rural e subdividíronse no urbano), mentres que por outra as administrativas seguiron unha evolución independente.

Divisións territoriais católicas
advocación | parroquia | santoral
arcebispado ou arquidiocese | arciprestado | bispado ou diocese | prelatura | provincia eclesiástica | vigairía ou vicariato