Bembrive, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bembrive
Iglesia de Santiago de Bembrive 2.jpg
Igrexa de Santiago de Bembrive.
Concello Vigo
Área - km²
Poboación (Ano 2008) 4.343 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 38

Santiago de Bembrive é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Cabral, Lavadores e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.

Índice

[editar] Poboación

En 2008 tiña unha poboación de 4.343 habitantes (1.980 homes e 2.363 mulleres) [1], o que reflicte un aumento respecto a 2003, con 4.063 habitantes, distribuídos en 38 entidades de poboación segundo o Nomenclator. O censo de poboación do IGE só contempla 14 destes lugares: O Arieiro (604 habitantes), Baruxáns (476), O Carballal (348), As Chans (247), Eifonso (64), Os Freires (257), Mourelle (252), A Mouteira (99), O Outeiro (248), Recaré (272), San Cibrán (115), Segade (324), A Xesteira (137) e Xestoso (406).

A maiores, o Nomenclátor relaciona estoutros: O Cacheno, O Cruceiro, A Cruz, Esparramáns, Espedrás, Ferreiras, O Lameiro, Mandín, Miraflores, Monte da Pedrosa, O Monte do Calvario, Mosteiro, Novelos, Paio, A Parrocha, A Pedra, O Polvorín, O Pouso, As Raposas, As Regadas, Regueiras, Os Ríos, O Toutizo e Xeme.

[editar] Entidade local menor

Bembrive goza dun status particular: o de Entidade Local Menor de Bembrive, constituída o 12 de xuño de 1945 [2] (só outras 8 parroquias galegas gozan do mesmo rango administrativo). A entidade está rexida por un alcalde pedáneo e catro vogais. O alcalde é elixido nas eleccións municipais pero de xeito diferenciado. A elección de vogais é resultado dos votos acadados polos partidos políticos no ámbito parroquial. As vocalías están dedicadas ós temas en que a Entidade ten certa autonomía: Monte, Relacións cidadás, Urbanismo e Obras e servizos.

[editar] Patrimonio

En canto ós monumentos, son salientables a igrexa parroquial de Santiago de Bembrive,[1] construída no século XII, e o cruceiro do Cacheno, construído no século XVIII. Dos 137 hórreos presentes na parroquia, o 85% conta con máis de cen anos [Cómpre referencia].

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Bembrive

Lugares da parroquia de Bembrive no concello de Vigo (Pontevedra)

Baruxáns | O Cacheno | O Carballal | As Chans | O Cruceiro | A Cruz | Eifonso | Esparramáns | Espedrás | Ferreiras | Os Freires | O Lameiro | Mandín | Miraflores | Monte da Pedrosa | O Monte do Calvario | Mosteiro | Mourelle | A Mouteira | Novelos | O Outeiro | Paio | A Parrocha | A Parrovella | A Pedra | O Polvorín | O Pouso | As Raposas | Recaré | As Regadas | Regueiras | Os Ríos | San Cibrán | Segade | O Toutizo | Xeme | A Xesteira | Xestoso

[editar] Parroquias de Vigo

Situación da parroquia no concello de Vigo.
Galiza | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | San Xoán do Monte (San Xoán) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)


[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas