Praia de Samil
Vista da praia de Samil. |
|
| 42°12′36″N 08°46′35″W / 42.21°N 8.77639°WCoordenadas: 42°12′36″N 08°46′35″W / 42.21°N 8.77639°W | |
| Características xerais | |
|---|---|
| Lonxitude | 3 km |
| Grao de ocupación | Alto |
| Grao de urbanización | Urbana |
| Paseo marítimo | |
| Características específicas | |
| Tipo de area | Fina |
| Condicións do baño | |
| Seguridade | |
| Equipo de vixilancia | Si |
| Sinalización do peligro | Si |
| Policía local | Si |
| Equipo de salvamento | Si |
| Accesibilidade | |
| Tipo de acceso | Estrada |
| Sinalización do acceso | |
A praia de Samil é un areal vigués, no lugar do mesmo nome da parroquia de Navia, que conta cunha lonxitude aproximada tres quilómetros. Limita coa praia da Fonte (Alcabre) polo norte e coa desembocadura do río Lagares polo sur.
O areal está dividido en dúas partes diferenciadas ao norte e ao sur por un grupo de rochas que quedan unidas á terra na baixamar formando un tombo. Estas rochas reciben o nome das Queimadas. A metade norte recibe o nome de praia do Laxón, praia da Laxe ou praia Azul. A metade sur recibe o nome de praia de Samil por estar situada en fronte do barrio do mesmo nome. O extremo sur do areal, na desembocadura do río Lagares, recibe o nome da Foz, A Fox ou Cabo da Vella.
Trátase dunha das principais praias da cidade debido ó seu atractivo turístico e ó seu complexo recreativo, no que destacan cafetarías, piscinas, canchas de baloncesto, circuíto de coches teledirixidos, paseo, zonas verdes, aparcadoiros, pista de patinaxe, half-pipe, etc.
Na praia de Samil celébrase anualmente o Festival Aéreo de Vigo.
Galería de imaxes [editar]
| Lugares da parroquia de Navia no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Barroca | O Bravo | O Cerqueiro | A Devesa | A Eira Vella | Ferreira | A Gándara | Goberna | A Igrexa | O Lourido | O Outeiro | As Pereiras | As Pertegueiras | O Piñeiro | Quintela | O Redondo | As Saíñas | Samil | A Tomada | A Torre | O Xuncal |
|
|||||||||||||||||