Marta de Betania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Madalena e Santa Marta, por Rubens.

Marta, do arameo מַרְתָּא (Martâ), é unha personaxe do Novo Testamento orixinaria de Betania. Era a irmá de Lázaro e María. Na súa casa hospedouse Xesús polo menos en tres ocasións. Desta muller procede o nome tan común en Galiza de Marta, padroeira de multitude de parroquias.

Marta na Biblia[editar | editar a fonte]

Marta soamente é mencionada en dous evanxeos: o de Lucas (Lc "10,38-42". BibleGateway (en castelán). ), e mais no de Xoán (Xn "11,1-5". BibleGateway (en castelán). ).

Segundo o evanxeo de Xoán, os irmáns Marta, María e mais Lázaro moraban na aldea de Betania, preto de Xerusalén. No Evanxeo de Lucas, porén, semella indicarse que moraran, por un tempo polo menos, en Galilea. Lucas non menciona o nome da vila (quizabes puido ter sido Magdala, o que avalaría a identificación feita posteriormente entre María de Betania e María Madalena.

Hai moitas semellanzas entre a imaxe de Marta nun e outro evanxeo. A familiaridade das conversas entre Xesús e a humilde familia que Lucas describe, é a mesma ca Xoán. Marta decote serve a Xesús (Xn "11,5". BibleGateway (en castelán). , Lc "10,40". BibleGateway (en castelán). ). No evanxeo de Xoán afirma que Xesús é o Cristo e o fillo de Deus: "Ela contestou: -Si, Señor; eu crin que ti es o Cristo, o Fillo de Deus, que véu ao mundo" (Xn "11,27". BibleGateway (en castelán). ).

Santa Marta[editar | editar a fonte]

A Igrexa (tanto a católica romana, como a Igrexa católica ortodoxa) recoñécea como verdadeira santa. Para os católicos romanos é a padroa das cociñeiras, serventas, amas de casa, hoteleiros, casas de hóspedes, lavandeiras, das irmás da caridade, do fogar. Todas son asociadas co seu papel nas historias da Biblia, onde se amosa coma unha muller servizal, atenta e acolledora.

Tradición ortodoxa oriental[editar | editar a fonte]

Na tradición da Igrexa ortodoxa, malia non estaren expresamente mencionadas como tales nos Evanxeos, Marta e María atopábanse entre as “Mulleres Miróforas” (portadoras de miro ou de mirra). Estas fieis seguidores de Xesús estaban no Gólgota durante a crucifixión de Xesús e máis tarde chegaron á súa buraca na madrugada a seguir, día sábado coa mirra (resina moi aromática producida por unha árbore orixinaria de Arabia Commiphora myrrha, de alto prezo)- de acordo coa tradición xudaica- para unxir o corpo do seu Señor. As Miróforas convertéronse nas primeiras testemuñas da Resurrección de Xesús Cristo, a procura do cadaleito baleiro e se decatar da gozosa nova por un anxo. A tradición ortodoxa conta tamén que Lázaro, irmán de Marta, tivo que fuxir de Xerusalén durante a persecución contra a Igrexa de Xerusalén despois do martirio de Santo Estevo. As súas irmás María e Marta Xudea fuxiron con el, axudándoo na proclamación do Evanxeo en diferentes locais. Os tres máis tarde trasladáronse a Chipre, onde Lázaro se converteu no primeiro bispo de Kition (actual Lárnaca). Os tres morreron en Chipre.

Celebracións[editar | editar a fonte]

Marta é venerada coma santa ademais de na Igrexa católica romana e na Igrexa católica ortodoxa oriental, pola Igrexa luterana e pola Comuñón anglicana. Na Igrexa Ortodoxa Oriental e nas tradicións orientais católicas, Marta e maila súa irmá María conmemóranse o 4 de xuño. Tamén se conmemoran en conxunto entre as mulleres Miróforas, no domingo das “Portadoras de Mirra” (o terceiro domingo de Pascua, é dicir, o segundo domingo despois de Pascua). Tamén figura nas conmemoracións do Sábado de Lázaro (o día antes do Domingo de Ramos). Marta é conmemorada o 29 de xullo no calendario occidental da Igrexa Católica Romana, na Igrexa Luterana (xunta seus irmáns María e mais Lázaro) e no calendario dos santos da Igrexa Episcopal e da Igrexa de Inglaterra (xunta súa irmá hermana María)

Santa Marta de Betania tamén é a padroa de moitas vilas en Galiza e no mundo cristián en xeral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]