Beade, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Beade (homónimos).
Beade
Igrexa parroquial de Santo Estevo de Beade, Vigo.JPG
Igrexa parroquial de Santo Estevo.
Concello Vigo
Área - km²
Poboación (Ano 2003) 5.501 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 19
Situación da parroquia no concello.
Estatua en Beade.

Santo Estevo de Beade é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Bembribe, Castrelos, Matamá, Sárdoma, Valadares e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 8 entidades de poboación, 12 lugares e 5.501 veciños (2003).

As súas entidades de poboación son as seguintes: Babio (1.210), Balde (355), O Carballo do Pazo (652), A Coutada (671), A Gándara (508), A Pena (368), O Porto (444) e Saa (1.293). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Balde, As Barallas, O Coto, Dornelas, O Facho, Figueirós, Lombeiro, A Pouleira, As Presas, Quintián, Seixo e A Venda.

Índice

[editar] Xeografía

Sitúase no centro do Concello, e, pola súa altura, ofrece unha vista panorámica da cidade e da ría.

[editar] Economía

O máis destacable da parroquia é a súa excelente produción de cereixas (principalmente da denominada "de pico"). No primeiro domingo de xuño (dende 1986) celébrase a Festa-Concurso da Cereixa [1].

[editar] Patrimonio

A igrexa actual foi construída a finais do século XVII. No seu adro atópase un cruceiro, de orixe descoñecida, que foi emprazado na súa localización actual en 1854.

[editar] Música

Conta con unha agrupación musical de gran prestixio, a "Banda-Escola de Música de Beade", que a pesar da súa curta idade (20 anos), xa conta cun amplo currículo de premios e recoñecementos en certames nacionais e internacionais.

[editar] Festas

O 26 de xullo celébrase a festa da patroa de Beade, Santa Ana.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Beade

Lugares da parroquia de Beade no concello de Vigo (Pontevedra)

Abalde | Babío | As Barallas | O Carballo do Pazo | O Coto | As Coutadas | Dornelas | O Facho | Figueirós | A Gándara | Lambeiro | A Pena | O Porto | A Pouleira | As Presas | Quintián | Saa | O Seixo | A Venda

[editar] Parroquias de Vigo

Galiza | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | San Xoán do Monte (San Xoán) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)


[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas