Zamáns, Vigo
| Zamáns | |
|---|---|
| Casa Muíño das Maquías | |
| Concello | Vigo |
| Área | - km² |
| Poboación | 780 hab. (2003) |
| Entidades de poboación | 4 |
San Mamede de Zamáns é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Bembrive e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-San Andrés.
Ten 4 entidades de poboación, 5 lugares e 780 veciños (2003). As súas entidades de poboación son as seguintes: Cidáns (164), A Igrexa (178), Marcosende (282) e Vilaverde (156). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Casal de Abade, As Lagoas, A Menda, Paredes e Vilariño.
Índice |
Patrimonio [editar]
A igrexa parroquial data do 1770. Xunto ós hórreos, sobresaen as construcións relacionadas coa auga: fontes, lavadoiros e muíños. A parroquia acolle o campus de Lagoas-Marcosende, coñecido coma CUVI (Centro Universitario de Vigo), no que se localiza o Proxecto da Cidade Universitaria para a Universidade de Vigo do arquitecto catalán Enric Miralles.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Zamáns, Vigo.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Zamáns [editar]
| Lugares da parroquia de Zamáns no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Casal de Abade | Cidáns | A Igrexa | As Lagoas | Marcosende | A Menda | Paredes | Vilariño | Vilaverde |