Alcabre, Vigo
| Alcabre | |
|---|---|
| Museo do mar de Galicia. | |
| Concello | Vigo |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2003) 2.997 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 21 |
Santa Baia de Alcabre é unha parroquia do concello de Vigo na comarca homónima. Limita coas parroquias de Bouzas, Coia, Comesaña e Navia e pertence ó arciprestado de Vigo-San Andrés. Ten 21 entidades de poboación, 3 lugares e 2.997 veciños (2003).
As súas entidades de poboación son as seguintes: A Ameixeira (102), Barreiro (243), O Carregal (313), O Castañal (85), O Cruceiro (65), A Fonte (71), Fontes (27), Forte (34), A Garita (57), A Igrexa (405), A Millareira (90), Montana (104), O Muíño do Vento (107), A Pardaíña (19), As Pertegueiras (78), Roade (557), A Robaleira (57), A Sobreira (184), Turido (131), A Veiguiña (174) e Viña Grande (94). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Casaliño, Freixeiro e A Quiringosta
Índice |
[editar] Xeografía
É unha das parroquias máis pequenas. Está na costa, e caracterízase xeograficamente polo gran número de praias que alberga.
[editar] Patrimonio
Na contorna do Monte das Cruces (no que se toparon pezas líticas dos anos 6.500-4.500 a.c.) consérvanse tégulas, bases de columnas e muíños de man dun antigo asentamento romano.
Alberga un interesante conxunto relixioso do século XVIII, formado pola igrexa, a casa reitoral e o cemiterio. A nova igrexa de Santa Baia foi rematada no ano 1999 e, próximo a ela, atópase o pazo de Sensat construído na década de 1940. Tamén na parroquia atópase o museo do mar de Galicia, construído sobre o castro da Punta do Muíño do Vento.
A praia de Fontes (famosa polos asasinatos de veciños despois do levantamento fascista do 1936), acolle un monólito de homenaxe ás vítimas.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Alcabre, Vigo.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Alcabre
| Lugares da parroquia de Alcabre no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Ameixeira | Barreiro | O Carregal | O Casaliño | O Castañal | O Cruceiro | A Fonte | Freixeiro | A Igrexa | A Millareira | Montana | O Muíño do Vento | A Pardaíña | As Pertegueiras | A Quiringosta | Roade | A Robaleira | A Sobreira | Turido | A Veiguiña | Viña Grande |