Matamá, Vigo
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Matamá.
| Matamá | |
|---|---|
| Petróglifos de Redondelos. | |
| Concello: | Vigo |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2003) 4.247 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 42 |
San Pedro de Matamá é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Coia, Comesaña e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo Andrés. Ten 24 entidades de poboación, 22 lugares e 4.247 veciños (2003)
As súas entidades de poboación son as seguintes: Balsa (323), Balvís (63), A Barxa (57), Beirán (396), Campos (146), A Carapucha (209), As Carneiras (398), O Castro (87), A Devesa (196), A Igrexa (125), A Lagarella (205), A Mó (245), O Outeiro (187), Parada (179), O Pazo (144), Pereiró (58), A Revolta (97), Ribás (430), Ribelas (228), O Roupeiro (160), Sabarís (52), San Mauro (134), Vilar (113) e Zona Franca (15). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Budiño, Carballo, A Carpinteira, O Cocho de San Pedro, Coto do Mouro, O Fabal, Fontela, Gáspara, A Lameira, Loureiro, Maruxento, Mina das Carneiras, Monte Fabal, Raxó, Salgueiral, Os Sobreiros, Souteliño, Suolvido, As Tomadas, As Veigas, A Veiguiña, A Xesteira e Xuncal.
Índice |
[editar] Economía
Na Zona Franca está situada a fábrica de PSA-Citroën.
[editar] Patrimonio
Conta cun importante patrimonio arqueolóxico con restos da Idade do Bronce. Posúe mostras de arte rupestre no Monte Fabal, no barrio de Mó, en Gáspara, nas Tomadas e nos Sobreiros. Ademais, Matamá posúe dous dos vinte e catro poboados castrexos localizados en Vigo. A igrexa parroquial de San Pedro é de estilo neoclásico e foi construída a finais do século XVIII. Na zona abundan as fontes e os lavadoiros e, nos barrios de Balsa e das Carneiras, hai varios muíños de auga. O cemiterio alberga o único cruceiro de Matamá, construído no 1691.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Matamá
| Lugares da parroquia de Matamá no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
|---|---|
|
Balsa | Balvís | A Barxa | Beirán | Budiño | Campos | A Carapucha | Carballo | As Carneiras | A Carpinteira | O Castro | O Cocho de San Pedro | Coto do Mouro | A Devesa | O Fabal | Fontela | A Igrexa | A Lagarella | A Lameira | Loureiro | Maruxento | Mina das Carneiras | A Mó | O Outeiro | Parada | O Pazo | Pereiró | Raxó | A Revolta | Ribás | Ribelas | O Roupeiro | Sabarís | Salgueiral | San Amaro | Souteliño | Suolvido | As Veigas | A Veiguiña | Vilar | A Xesteira | Xuncal |