Candeán, Vigo
| Candeán | |
|---|---|
| A Casa dos Mouros. | |
| Concello | Vigo |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2003) 4.699 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 19 |
San Cristovo de Candeán é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Cabral, Lavadores, San Paio e Teis e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 12 entidades de poboación, 8 lugares e 4.699 veciños (2003).
As súas entidades de poboación son as seguintes: Candeán de Arriba (599), A Devesa (904), A Fonte Escura (1.254), Freiría (91), Goleta (59), Hermide (94), A Igrexa (436), Monte Pequeno (326), Parachán (369), A Rabadeira (485), O Salgueiro (65) e Vesada (17). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Candeán de Abaixo, A Costeira, A Fonte Barca, A Lagoa, A Madroa, Pedra Longa, A Poba e Xunco Mariño.
Índice |
[editar] Instalacións
Nas abas da Madroa atópanse o zoolóxico de Vigo (único de Galiza con máis de 600 animais) e as instalacións deportivas auxiliares do Real Club Celta.
[editar] Patrimonio
Conserva pegadas de asentamentos prehistóricos, coma petróglifos e dolmens. Nas abas da Madroa atópanse un monumental dolmen coñecido coma "Casa dos Mouros". Existen restos dunha vella construción medieval defensiva que os veciños chaman "Da Torre". A igrexa de San Cristovo foi construída a comezos do século XIX. No cemiterio atópase un dos dous cruceiros da parroquia, construído probabelmente no 1887.
[editar] Festas
O segundo domingo de setembro celébrase a Festa dos Pexegos.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Candeán
| Lugares da parroquia de Candeán no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Candeán de Abaixo | Candeán de Arriba | A Costeira | A Devesa | Ermide | A Fonte Barca | A Fonte Escura | Freiría | Goleta | A Igrexa | A Lagoa | A Madroa | Monte Pequeno | Pedra Longa | A Poba | A Rabadeira | O Salgueiro | Vesada | Xunco Mariño |
[editar] Parroquias de Vigo
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial da Union Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán
- Páxina do club de futbol de Candeán na categoria Infantil