Navia, Vigo
| Navia | |
|---|---|
| Situación da parroquia no concello de Vigo. | |
| Concello: | Vigo |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2003) 2.190 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 21 |
San Paio de Navia é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Alcabre, Comesaña e Coruxo e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo Andrés. Ten 12 entidades de poboación, 10 lugares e censados 2.190 veciños (2003), aínda que coas novas urbanizacións aumenta progresivamente a máis de 3.000.[Cómpre referencia]
As súas entidades de poboación son as seguintes: A Devesa (316), A Gándara (181), Goberna (45), As Pereiras (510), As Pertegueiras (59), Quintela (90), O Redondo (362), Samil (191), A Tomada (125), A Torre (119), O Xuncal (192), As Teixugueiras (600). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Barroca, O Bravo, O Cerqueiro, A Eira Vella, Ferreira, A Igrexa, O Lourido, O Outeiro, O Piñeiro e As Saíñas.
Índice |
[editar] Historia
Formou parte do Concello de Fragoso ata 1837, cando se integrou en Bouzas. Dende a década dos anos 70 experimentou un profundo desenvolvemento urbanístico concentrándose a poboación ao redor da Alameda de Emilio Crespo Cano, a urbanización Samil, e co desenvolvemento do PAU de Navia, na nova urbanización.
[editar] Patrimonio
Entre os monumentos destacan o cruceiro da Devesa e os restos do Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur da Galiza. Na parroquia atópase a praia de Samil, un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude. Samil tamén é zona de expansión social e de lecer nocturno, cunha ampla zona de discotecas e pubs, e destino principal dos autobuses urbanos nocturnos (tamén chamados "búhos").
[editar] Asociacións
A principal entidade social da parroquia é a Asociación Veciñal de Navia, con sede na rúa Bravo nº6 e conta cunhas completas instalacións con auditorio e sala de conferencias onde se celebran eventos culturais, conferencias, cursos e proxeccións durante todo o ano. Tamén destaca a existencia dunha emisora de radio veciñal, Onda Navia, que emite na frecuencia 106.10 FM.
[editar] Lugares e parroquias
[editar]
| Lugares da parroquia de Navia no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Barroca | O Bravo | O Cerqueiro | A Devesa | A Eira Vella | Ferreira | A Gándara | Goberna | A Igrexa | O Lourido | O Outeiro | As Pereiras | As Pertegueiras | O Piñeiro | Quintela | O Redondo | As Saíñas | Samil | A Tomada | A Torre | O Xuncal |