Praia de Chamoso
Coordenadas: 43°25′15″N 8°10′46″O / 43.420833333333, -8.1794444444444
Praia de Chamoso | |
---|---|
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Chamoso.
A praia de Chamoso é unha cala rochosa situada ao sur da parroquia de San Martiño de Porto, no concello coruñés de Cabanas.
É unha praia de area fina con afloramentos rochosos semellante a outras da ría de Ares, da que forma parte e non conta con ningún servizo agás o dun pequeno aparcadoiro preto do acceso peonil que salva o forte desnivel.
Este artigo sobre unha praia de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |