Estuario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de Estuario (NASA)

Un estuario ou esteiro é un accidente xeográfico consistente nun corpo de auga formado na parte final dun río (ou na confluencia de varios ríos), e que se encontra en contacto directo co mar, posuíndo unha salinidade máis baixa que a auga do mar. Un estuario sofre o vaivén das mareas.

Desde un punto de vista da ecoloxía e da oceanografía, un estuario é unha rexión semipechada do océano influenciada polas descargas de auga doce dun ou de máis ríos, así como polas partículas en suspensión (lama, silt, etcétera) que esta arrastra. Por este aspecto, o da cantidade de nutrientes que as augas de terra transportan, un estuario é xeralmente unha rexión con elevada produtividade biolóxica. Con todo, debido a ser unha rexión semipechada, sofre especialmente os efectos da contaminación e corre o risco de se transformar nun deserto biolóxico.

Similitude con outros accidentes xeográficos[editar | editar a fonte]

Moitas veces úsase a palabra estuario en contraposición ao delta: aínda sendo ambos os dous foces (desembocaduras), no caso do delta o río desemboca no mar a través de varios canais ou brazos, e formando insuas entre brazos.

Importancia dos estuarios[editar | editar a fonte]

Os estuarios son hábitats vitais para centos de especies mariñas. Foron cualificados algunha vez como "garderías do mar" pois o contorno protexido e a abundancia de nutrientes prové un lugar ideal para a reprodución de peixes e moluscos. Moitos das especies de peixe importantes comercialmente pasan unha parte do seu ciclo de vida nos estuarios. Tamén moitas especies de paxaros dependen dos estuarios como áreas para se alimentar e aniñar. As aves migratorias usan os estuarios como paradas de descanso antes de continuar a viaxe. Moitos mamíferos mariños tamén o usan como lugares de nutrición e cría. Todo isto está relacionado co feito de que un estuario san produce de 4 a 10 veces tanta materia orgánica como outra área mariña da mesma extensión. Os estuarios son importantes para a saúde dos océanos, en canto que filtran os sedimentos e contaminantes da auga antes de que desemboque no océano. O exceso de nutrientes elimínase nas marismas salgadas contiguas, resultando en augas máis limpas para a xente e os organismos mariños.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Pritchard, D. W. (1967) What is an estuary: physical viewpoint. p. 3–5 in: G. H. Lauf (ed.) Estuaries, A.A.A.S. Publ. No. 83, Washington, D.C.
  • M. Tomczak, "Oceanography Notes Ch. 12: Estuaries".