Anana branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NGC 3132. No centro, unha anana branca.

Anana branca é unha posíbel fase final na vida dunha estrela, xunto ó burato negro e as estrelas de neutróns. Despois de que a estrela expulse as súas capas exteriores, se o núcleo ten unha masa inferior a 1,4 veces a masa do Sol, este comprimirase extraordinariamente . Esgota o seu combustible (fundamentalmente hidróxeno), prodúcese un colapso gravitatorio que fai reducir de tamaño á estrela, pasando a ser aproximadamente como a Terra ou un pouco maior, pero coa mesma masa anterior. Isto é posible polo achegamento dos neutróns ó núcleo dos átomos. Así, a estrela vólvese superdensa.

Este obxecto brilla con luz branca debido á calor residual do núcleo até que ó cabo de miles de anos se apaga formando unha anana negra.

Un exemplo deste tipo de estrela é Sirio B.