KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega.[1] O proxecto iniciouse no 2013[2] e a páxina estivo completamente operativa o 20 de xaneiro de 2015.[3] É utilizado por arredor de 130 museos de Noruega e Suecia.[4]
Segundo o seu propio sitio web, KulturNav está deseñado para mellorar o acceso á información sobre o patrimonio cultural en arquivos, bibliotecas e museos, traballando con metadatos comúns. Así, distintas institucións poden colaborar para construír unha base de datos e terminoloxía estándar.[5] Segundo o Centro de Arquitectura e Deseño Skeppsholmen, KulturNav posúe un rexistro bastante completo de arquitectos suecos.[6]
KulturNav emprega a tecnoloxía KulturIT, un software desenvolvido e mantido en conxunto entre o Museo de Cultura Popular de Noruega e o Museo Lillehammer, un proxecto sen fins de lucro.[4] KulturIT baséase no sistema de datos con ligazóns, o que o fai compatible con outras fontes que utilicen a mesma tecnoloxía.[3]
A API soporta consultas con HTTP GET, as cales non teñen un sistema de autenticación e autorización, o que significa que só se pode consultar contido que sexa público.[7] O sistema foi desenvolvido baseándose en Play Framework, xunto con Solr e jQuery.[8]
En marzo de 2015, o rexistro nacional de fotografía de Suecia iniciou o proceso de migración a KulturNav.[9]
O proxecto de dixitalización do Museo de Historia Natural de Estocolmo, iniciado no 2016 e que se espera finalice no 2020, prevé subir o material obtido a KulturNav ou unha plataforma similar.[10]
12Consello das Artes de Noruega (14 de xaneiro de 2015). "Seminar Lansering av KulturNav"(en noruegués). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2016.
12Ulf Bodin (11 de febreiro de 2014). "KulturNav"(PDF)(en sueco). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 09 de outubro de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2016.
↑Museo de Historia Natural de Estocolmo. "Digitaliseringsplan 2016-2020"(PDF). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 05 de agosto de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2016.