Rigoberta Menchú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rigoberta Menchú
Nome completoRigoberta Menchú Tum
Nacemento9 de xaneiro de 1959 (65 anos)
Lugar de nacementoUspantán, Quiché, Guatemala
NacionalidadeGuatemala
EtniaQuichés
OcupaciónActivista, política
PremiosPremio Nobel da Paz, Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, honorary doctor of the University of Zaragoza, honorary doctorate of the University of Las Palmas, Gran Canaria, honorary doctor of the University of Tromsø, honorary doctorate of the Autonomous University of Madrid, honorary doctorate of Seville University e Prêmio Unesco de Educação para a Paz
Na rede
Twitter: RigobertMenchu Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rigoberta Menchú Tum, nada en Uspantán, Quiché o 9 de xaneiro de 1959, é unha líder indíxena maia e defensora dos dereitos humanos, membro do grupo k'iche'. É embaixadora de Boa Vontade da Unesco e gañadora do Premio Nobel da Paz e do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional.

Destacou polo seu liderado á fronte das loitas sociais no eido nacional e internacional. O 12 de febreiro de 2007, anunciou que se postularía ás eleccións presidenciais de Guatemala de 2007 pola coalición de partidos WINAQ e Encuentro por Guatemala; quedou en quinto lugar cun 3,09%. Malia a derrota, o 7 de maio de 2011 o partido indíxena WINAQ xunto a outros partidos proclamouna como candidata presidencial para as eleccións presidenciais do 11 de setembro de 2011 na Fronte Ampla de Guatemala.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu o 9 de xaneiro de 1959 na poboación guatemalteca de Uspantán, situada no Departamento de Quiché, nunha comunidade rural onde os seus pais desfrutaban de moi boa reputación, sendo o seu pai un activista a prol dos dereitos dos indíxenas e a súa nai unha experta en medicina tradicional maia.

Moita da popularidade da súa obra veu do seu libro autobiográfico de 1982-1983 Me llamo Rigoberta Menchú y así me nació la conciencia. O libro foi realmente escrito por Elisabeth Burgos a partir das conversas con Rigoberta. No seu libro, Rigoberta explica como comezou a traballar nunha leira de café con cinco anos, en condicións tan pésimas que foron a causa da morte de irmáns e amigos seus. Recibiu unha educación católica, o cal a levaría máis tarde a colaboracións coa Igrexa católica. Xa adulta, participou en protestas contra o réxime militar polos seus abusos contra os Dereitos Humanos. A guerra civil de Guatemala tivo lugar entre 1962 e 1996, malia que a violencia comezara anos antes. A violencia forzouna ó exilio en México no ano 1981. Ese mesmo ano, o seu pai foi asasinado na embaixada española da Cidade de Guatemala. No ano 1991, participou na preparación da declaración dos dereitos dos pobos indíxenas por parte das Nacións Unidas.

Un vez rematada a guerra civil intentou levar ós tribunais españois a políticos e militares por asasinar cidadáns españois, e por xenocidio contra o pobo maia de Guatemala. As acusacións incluíron ó ditador exmilitar e candidato á presidencia Efraín Ríos Montt.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rigoberta Menchú disputará la presidencia de Guatemala". infobae (en castelán). 8 de maio de 2011. Consultado o 1 de setembro de 2018. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]