James Madison
James Madison | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | James Madison, Jr. |
Nacemento | 16 de marzo de 1751 |
Lugar de nacemento | Port Conway |
Falecemento | 28 de xuño de 1836 |
Lugar de falecemento | Montpelier |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Soterrado | Montpelier |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa episcopal nos Estados Unidos e Deísmo |
Alma máter | Universidade de Princeton |
Ocupación | político, escritor, diplomático, filósofo, avogado e estadista |
Pai | James Madison, Sr. |
Nai | Eleanor Rose Conway |
Cónxuxe | Dolley Madison |
Irmáns | Ambrose Madison |
Coñecido por | O Federalista |
Premios | Fellow of the American Academy of Arts and Sciences |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
James Madison, nado en Port Conway (Virxinia) o 16 de marzo de 1751 e finado en Montpelier o 28 de xuño de 1836, foi un avogado e político norteamericano. Pai fundador da Constitución dos Estados Unidos e cuarto presidente dos Estados Unidos, entre 1809 e 1817, é alcumado "O Pai da Constitución".
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Entre 1787 e 1788 Madison escribiu xunto con Alexander Hamilton e John Jay unha serie de ensaios publicados en distintos xornais do estado de Nova York chamados The Federalists Papers que axudaron á ratificación da Lei Fundamental e están considerados, aínda hoxe en día, entre os escritos máis importantes para a interpretación constitucional. De feito, Madison foi o autor máis prolífico dos tres e escribiu os dous capítulos máis importantes da serie, Federalist No. 10 e Federalista No. 51.
Como representante do Congreso traballou co presidente George Washington nas tarefas de formar o primeiro goberno dos Estados Unidos. Ademais, creou xunto con Thomas Jefferson o primeiro Partido Republicano (posteriormente coñecido como Partido Demócrata-Republicano) que se opoñía ás teses defendidas polo Partido Federalista.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: James Madison |
Predecesor: Thomas Jefferson |
![]() Presidente dos Estados Unidos de América 1809 - 1817 |
Sucesor: James Monroe |