Salam Fayyad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalam Fayyad

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) سلام فياض Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) سلام "محمد خالد" عبد الله خضر Editar o valor em Wikidata
12 de abril de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Nablus Editar o valor em Wikidata
Prime Minister of the Palestinian National Authority (en) Traducir

← Ismail HaniyaRami Hamdallah (en) Traducir →
Q117225264 Traducir
Q117225264 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstado de Palestina Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Americana de Beirute (pt) Traducir
Universidade de Texas en Austin
St. Edward's University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseWilliam A. Barnett (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFondo Monetario Internacional (1987–2001)
Yarmuk University (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoThird Way (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004
World Economic Forum Annual Meeting 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsManar Fayyad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm5435258 LinkedIn: salam-fayyad-57261148 Youtube: UCnJOB_c_SyFHvc0WIwJv4ew Editar o valor em Wikidata

Salam Fayyad (en árabe: سلام فياض, Salām Fayāḍ), nado en 1952, é un político palestino, antigo Primeiro Ministro da Autoridade Nacional Palestina. O seu primeiro nomeamento foi o 15 de xuño de 2007, xustificado polo Presidente Abbas pola situación de "emerxencia nacional", non foi confirmado polo Consello Lexislativo Palestino.[1][2] Foi nomeado de novo o de 19 de maio de 2009, até o 6 de xuño de 2013. Fayyad tamén foi o Ministro de Economía dende o 17 de marzo de 2007 e anteriormente ocupou este mesmo cargo dende xuño de 2002 a novembro de 2006.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Deir al-Ghusun. Graduouse na Universidade Americana de Beirut en 1975[5] e recibiu o seu MBA na St. Edward's University en 1980.[6] Fayyad ten un Doutourado en economía pola Universidade de Texas, onde foi alumno de William Barnett e fixo as súas primeiras investigacións. Fayyad comezou a ensinar economía na Yarmouk University en Xordania, antes de incorporarse ao FMI en 1987. despois traballou como xerente rexional do Banco Árabe, antes de aceptar unha oferta para converterse en Ministro de Economía de Arafat.

Tras dimitir como Ministro, presentouse como líder e fundador do novo partido A Terceira Vía nas Eleccións Lexislativas Palestinas de 2006 xunto con Hanan Ashrawi e Yasser Abd Rabbo.[7] Fayyad e Ashrawi lograron os seus escanos.

O 17 de marzo de 2007, nomearon a Fayyad ministro de economía, dentro da coalición de goberno entre Fatah e Hamás.[8]

O 17 de outubro de 2008, mentres visitaba a Universidade de Texas, recibiu o premio a Alumno Distinguido antes dun partido de fútbol entre Texas e Missouri.

O 7 de marzo de 2009, Salam Fayyad presentoulle a súa renuncia ao presidente Mahmoud Abbas.[9]

O 19 de maio de 2009, Fayyad volveu ao posto de primeiro ministro.[10]

Fayyad está casado con Bashaer Kaloti, ten tres fillos, Khaled, Iman e Abdallah.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Abbas suspends articles from Basic Law". Kuwait News Agency. 17 June 2007. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2012. 
  2. Kershner, Isabel; Ian Fisher, Nada Bakri, Warren Hoge (17 June 2007). "Abbas Swears in Emergency Government". New York Times. 
  3. "EU backs new Palestinian government". Sacramento Bee. 18 de xuño de 2007. (require subscrición (?)). [Ligazón morta permanente]
  4. Profile: Salam Fayyad. BBC News, 17 June 2007
  5. Kershner, Isabel. "Salam Fayyad". The New York Times. 
  6. "1980 MBA Graduate of St. Edward's University" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2008. Consultado o 26 de febreiro de 2008. 
  7. Palestinian third way rises
  8. "EU allows contacts with non-Hamas ministers". Al Jazeera. 17 de marzo de 2007. Consultado o 30 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  9. Palestinian PM Fayyad steps down BBC NEWS 7 March 2009, accessed 7 March 2009
  10. Palestinians Reappoint Prime Minister Who Had Quit New York Times 19 May 2009, accessed 20 May 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]