Bertha von Suttner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bertha von Suttner
Nobel prize medal.svg
Bertha von Suttner
von Suttner en 1906.
Nacemento 9 de xuño de 1843
Lugar Praga, Reino de Bohemia, Imperio Austríaco Imperio Austríaco
Falecemento 21 de xuño de 1914 (71 anos)
Lugar Viena, Imperio Austrohúngaro Imperio Austrohúngaro
Ocupación Pacifista, novelista

Bertha Felicitas Sophie, nada co nome de Kinsky von Chinic und Tettau en Praga o 9 de xuño de 1843 e finada en Viena o 21 de xuño de 1914, foi unha pacifista e escritora austrohúngara.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bertha von Suttner en 1906.

Foi filla do conde Franz Kinsky von Wchinitz und Tettau e de Sophie von Körner. Naceu sendo xa orfa de pai, sendo este mariscal de campo e conselleiro do imperio austrohúngaro. En 1876 casou co escritor e nobre Arthur Von Suttner. Xa casada, estudou música e literatura; a parella viaxou extensamente, abandonando a súa residencia vienesa para trasladarse a París, regresando definitivamente a Austria en 1885.

En 1889 publicou a novela Die Waffen nieder!, traducida a diversas linguas convertida axiña nun clásico do movemento pacifista internacional. Editou unha revista pacifista internacional co mesmo título. Outras publicacións que reflicten o seu ideal foron Das Maschinenzeitaler (onde critica os nacionalismos radicais e o armamento) e Inventarium einer Seele (onde se percebe a influencia de H. T. Buckle, Herbert Spencer e Charles Darwin).

Von Suttner foi unha das máis destacadas figuras do movemento internacional pola paz, difundindo a idea en numerosas conferencias en toda Europa, e creando unha asociación para promovela en Austria. En 1905 recibiu o premio Nobel da Paz, se ben pénsase que parte da decisión puido deberse á súa relación de secretaria e amiga de Alfred Nobel. Faleceu pouco antes de comezar a Primeira Guerra Mundial.