Saltar ao contido

Axencia Internacional da Enerxía Atómica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Axencia Internacional da Enerxía Atómica
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Alfabeto
Implicados
Cadro de persoal2500 (xuño de 2021) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Matriz
 Membro de
 En sociedade con
 Ten en propiendade
 Entidades subsidiarias
Economía e industria
Orzamento380000000 € (xuño de 2021) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1957 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Premios
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF150782479 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121846337 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL4109735A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03w28 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Correo
 Descrito pola fonte
Facebook: iaeaorg Twitter: iaeaorg Instagram: iaeaorg LinkedIn: iaea Youtube: UCJjzF7cdxa0jZv_fDE_wm4A Flickr: 35068899@N03 BNE: XX98935 GitHub: IAEAOrg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) é unha organización internacional autónoma creada no seo das Nacións Unidas. Busca promover o uso pacífico da enerxía nuclear e evitar o seu uso para calquera propósito militar, incluídas as armas nucleares.

A orixe do organismo remóntase ao discurso que o presidente dos Estados Unidos Dwight D. Eisenhower realizou o 8 de decembro de 1953 chamado "Átomos para a paz".[1] Neste discurso presentou unha proposta no sentido de crearse unha organización internacional "dedicada exclusivamente aos usos pacíficos da enerxía atómica". Foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1954 e en 1957 completouse o seu estatuto,[2] en que se indica que o seu obxectivo é a promoción do uso pacífico da enerxía nuclear e o desencoraxamento dos usos para fins militares das armas nucleares:

A Axencia procurará acelerar e aumentar a contribución da enerxía atómica para a paz, a saúde e a prosperidade no mundo enteiro. Na medida en que lle for posible, asegurarase de que a asistencia que preste, ou a que se preste a petición súa, ou baixo a súa dirección ou control, non for empregada de xeito que contribúa a fin fines militares.
Artigo II do estatuto da AIEA

En 2005, a Axencia e o seu director xeral Mohamed el-Baradei, recibiron o Premio Nobel da Paz. O comité concedeulles o premio por:[3]

[...] é a AIEA quen controla que a enerxía nuclear non se empregue de xeito indebido con propósitos militares [...] no momento en que os esforzos do desarmamento parecen nun punto morto e existe perigo de que o armamento nuclear prolifere nos estados e nos grupos terroristas [...]

Organización

[editar | editar a fonte]

A AIEA ten a súa sede en Viena, (Austria), e ten 172 estados membros, con representantes que se reúnen anualmente nunha conferencia xeral onde elixen 35 membros para o Consello de Gobernadores. Este Consello reúnese cinco veces por ano e prepara as decisións que serán ratificadas pola Conferencia Xeral.

Co incremento da proliferación nuclear na década de 1990, as tarefas da AIEA pasaron a incluír as inspeccións e investigacións das sospeitas de violacións do Tratado de Non-Proliferación Nuclear baixo mandato das Nacións Unidas; con todo, caso de atopar indicios de uso militar nos programas que inspecciona, só poderá informar o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, que ten a exclusiva para tomar medidas coercivas. A AIEA mantén, como un dos seus instrumentos, o International Nuclear Information System (INIS), base de datos sobre a utilización pacífica da enerxía nuclear.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]