Saltar ao contido

Irgun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emblema do Irgun

O Irgun (en hebreo: ארגון, abreviatura de HaIrgun HaTzva'i Ale'umi BeEretz Yisra'o, (hebreo הארגון הצבאי הלאומי בארץ ישראל), "Organización Militar Nacional na Terra de Israel"), popularmente coñecido como Etzel (hebreo אצ"ל), acrónimo das súas iniciais en hebreo Irgun Zevai Leumi (hebreoארגון צבאיארגון צבאי לאומי), foi unha organización paramilitar sionista que operou durante o Mandato británico de Palestina, entre os anos 1931 e 1948. Estableceuse como unha derivación militante da Haganah (hebreo ההגנה - «A Defensa»). Por razóns de segredo, as persoas referíanse ao Irgun, durante ese tempo, como Haganá Bet (hebreo הגנה ב en hebreo literalmente «Defensa "B"» ou «Segunda Defensa»), HaHaganah Haleumit (hebreo|ההגנה הלאומית) ou HaMa'amade (hebreo|המעמד).

O Irgun era a expresión armada da ideoloxía do nacente sionismo revisionista fundado por Zeev Jabotinsky. El expresaba esta ideoloxía como que todo xudeu ten dereito a entrar a Eretz Israel; só activas represalias disuadirán aos árabes e aos británicos, só unha forza armada xudía garantiría un Estado xudeu.[1]

Nos anos 40, o Irgun foi acusado polas autoridades británicas de perpetrar actos de terrorismo contra o goberno do Mandato británico, á vez que moitos consideraban que se trataba dun "movemento de liberación".[2] Por causa diso, o Irgun contou con considerable apoio dentro do movemento sionista.

O Irgun foi o predecesor do partido político nacionalista Herut ("Liberdade"), o que conduciu ao actual partido Likud. O Likud conduciu ou foi parte da maioría dos gobernos israelís desde 1977.

Comandantes do Irgun
Zeev Jabotinsky, primeiro comandante do Irgún

O Irgun foi un grupo liderado por Zeev Jabotinsky, formado en 1931 tras unha escisión na Haganá, como grupo de represalia contra as actividades armadas árabes e as presións británicas, en especial tralos violentos disturbios de 1929.

Os membros do Irgun chegaron principalmente de Beitar e do Partido Revisionista, tanto do Mandato como do estranxeiro. O Movemento Revisionista foi creado con apoio popular. Zeev Jabotinsky, fundador do Sionismo Revisionista, foi o comandante da organización ata a súa morte. Formulou o ámbito xeral das operacións e foi a inspiración para a organización en xeral. Outra fonte importante de inspiración ideolóxica foron as poesías de Uri Zvi Greenberg.

O Irgun estivo desde un principio en desacuerdo coa política do goberno do Yishuv e as institucións oficiais da Organización Sionista Mundial, tanto no concernente á estratexia e ideoloxía básica como no que respecta ás tácticas militares, tales como o uso da forza para fins sionistas, a actitude cara aos árabes durante os disturbios e as relacións co goberno do Mandato británico. Polo tanto, o Irgun tomou a tesitura de ignorar as decisións adoptadas polo liderado sionista e as institucións do Yishuv. Este feito provocou que os órganos electos non recoñecesen á organización independente, durante a maior parte da súa existencia á agrupación foi considerada coma irresponsable e as súas accións dignas de abortar. O Irgun acompañaba as súas operacións armadas con campañas públicas, co propósito de convencer ao público acerca das decisións do Irgun e os problemas coa dirigencia política oficial do Yishuv. O Irgun creou numerosos anuncios, un xornal underground (clandestino) e ata creou a primeira estación de radio independente «Kol Sión HaLochemet» (a Voz de Sion Combatente).

Estrutura, comando, insignia

[editar | editar a fonte]
Avraham Tehomi (1903-1990), primeiro Comandante en Xefe do Irgun

Por ser unha organización clandestina, os seus membros normalmente non a chamaban polo seu nome, preferindo utilizar outros nomes para referirse a ela. Nos primeiros anos de existencia era coñecida principalmente como "ההגנה הלאומית" (Haganá Nacional) e tamén por nomes como "Irgun Bet", "Haganá Bet" e a "Organización paralela". Máis tarde foi máis coñecida como "המעמד" (Stand). O himno adoptado polo Irgun foi "חיילים אלמונים" (Soldados Anónimos),[7] escrito por Abraham (Yair) Stern que era nese momento un comandante do Irgun. Máis adiante Stern desertaría do Irgun e fundaría Lehi, e a canción se convertería no himno desta nova agrupación. O novo himno do Irgun converteríase entón no terceiro verso da "Canción do Beitar" (Shir Beitar, שיר בית"ר), escrita por Zeev Jabotinsky.

En agosto de 1933 un "Comité de Vixilancia" para o Irgun foi establecido, que incluíu a representantes da maioría dos partidos políticos sionistas. Os membros deste comité foron Meir Grossman (do Partido Estado Hebreo), o rabino Meir Bar Ilán (do Partido Mizrahi), Immanuel Neumann ou Yehoshua Supersky (Sionistas Xerais) e Zeev Jabotinsky ou Eliyahu Ben Horin (de Hatzohar). A comisión estivo a cargo do Irgun ata 1937, cando o movemento dividiuse unha vez máis. A partir dese momento, o Irgun quedou baixo o mando directo de Jabotinsky. Logo da súa morte formáronse estreitos vínculos entre o Irgun e a Nova Organización Sionista (brazo político do movemento revisionista). Estes lazos romperíanse posteriormente en 1944 cando o Irgun declarou a guerra ao goberno británico.

Dentro do Irgun, Avraham Tehomi foi o primeiro en servir como Comandante en Xefe. Cando o movemento creceu, as divisións foron establecidas dentro do movemento. Unha unidade do Irgun era chamada Rama. Unha Brigada no Irgun compoñíase de tres seccións. Unha sección estaba composta de dous grupos, á cabeza de cada un deles había un Xefe de grupo e un sub-xefe. Os rangos utilizáronse máis tarde e foron en orde ascendente. Adjunto a eles, atopábase o Xefe de Grupo, Sarxento (de sección), Sarxento A (Brigada), Sarxento Primeiro (Batallón); mentres que os rangos oficiais eran Gundar (Comandante de Distrito da Unidade) e Primeiro Gundar (Comandante sénior). O rango de Maior foi outorgado ao comandante do Irgun Yaakov Meridor e o rango de Xeneral Maior (Aluf) a David Raziel. Ata a súa morte en 1940, Jabotinsky era coñecido como Comandante Militar do Etzel ou Comandante Supremo.

  1. Howard Sachar: A historia do Estado de Israel, pax. 265-266 (en inglés).
  2. The National Archives.
  3. Biografía de Robert Bitker
  4. "Biografía de Moshe Rozenberg". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 03 de maio de 2009. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 03 de maio de 2009. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 03 de maio de 2009. 
  7. http://www.betar.org.il/music/songs/hayalim.htm Arquivado 11 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en hebreo), http://www.betar.org.il/music/songs/musicfiles/Khaialim_Almonim.mp3 Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Video da canción Jaialim Almonim