Muhammad Yunus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Muhammad Yunus
মুহাম্মদ ইউনুস
Nobel prize medal.svg
Muhammad Yunus - World Economic Forum Annual Meeting 2012.jpg
Nacemento28 de xuño de 1940
 Chittagong
NacionalidadeBangladesh
RelixiónIslam
Alma máterUniversidade Vanderbilt e Universidade de Daca
Ocupacióneconomista, empresario, catedrático de universidade e banqueiro
PremiosPremio Nobel da Paz, Medalla Presidencial da Liberdade, Independence Day Award, Prêmio Ramon Magsaysay, Empowering award, Indira Gandhi Prize, Premio Príncipe de Asturias da Concordia, Four Freedoms Award, Prêmio Mundial de Alimentação, Prêmio Ambiental Volvo, The Nichols-Chancellor's Medal, Programa Fulbright, Bintang Jasa, Honorary doctor of the Katholieke Universiteit Leuven, honorary doctor of the Catholic University of Louvain, International Simón Bolívar Prize, honorary doctor of the University of Alicante, honorary doctorate of the National University of San Marcos, honorary doctor of the University of Madrid Complutense, Grand Cross of the Order of the Sun of Peru‎, Order of Abdulaziz al Saud, Ordem do Libertador, Fukuoka Asian Culture Prize, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana e honorary doctorate of the University of Valencia
Signature of Professor Muhammad Yunus.svg
editar datos en Wikidata ]

Muhammad Yunus (en bengalí: মুহাম্মদ ইউনুস, pronunciado Muhammôd Iunūs), nado en Chittagong o 28 de xuño de 1940, é un emprendedor social, banqueiro, economista e líder social de Bangladesh, coñecido por crear o Banco Grameen e desenvolver os conceptos de microcrédito, ideado polo paquistaní Akhter Hameed Khan, e microfinanzas. Estes créditos son outorgados a emprendedores que son demasiado pobres para acceder a un crédito nun banco tradicional. En 2006, Yunus e o Banco Grameen foron condecorados co Premio Nobel da Paz "polos seus esforzos para incentivar o desenvolvemento social e económico dende abaixo".[1] O Comité Noruegués do Nobel salientou que "a paz duradeira non pode ser alcanzada a menos que grandes grupos da poboación atopen formas coas que poidan saír da pobreza" e que "a través de culturas e civilizacións, Yunus e o Banco Grameen demostraron que ata os máis pobres entre os pobres poden traballar para o seu propio desenvolvemento".[1] Yunus recibiu tamén a Medalla Presidencial da Liberdade dos Estados Unidos en 2009 e a Medalla de Ouro do Congreso estadounidense en 2010,[2] o Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 1998, e o Premio Internacional Simón Bolívar en 1996.

Musulmán non practicante, estudou Ciencias Económicas en Nova Delhi e ampliou os seus estudos nos Estados Unidos con bolsas das institucións Fullbright e Eisenhower e da universidade Vanderbilt. Regresou ao seu país en 1972 para dirixir o departamento de Economía da universidade de Chittagong, pouco despois de que Bangladesh conseguise a independencia.

En 2008 a revista Foreign Policy considerouno como o número 2 na listaxe do "Top 100 Pensadores Globales".[3]

En febreiro de 2011, Yunus xunto con Saskia Bruysten, Sophie Eisenmann e Hans Reitz cofundou Negocio Social–Iniciativa Social Yunus (YSB nas súas siglas en inglés). YSB crea e permite a negocios sociais resolver problemas sociais arredor do mundo. A medida que se pon en marcha a visión de Yunus dun novo capitalismo humano YSB manexa unha incubadora de fondos para negocios sociais en países en desenvolvemento e prové de asesorías a empresas, gobernos, fundacións e ONG.

En 2012, converteuse en chanceler da universidade Caledoniana de Glasgow en Escocia.[4][5] Ademais é membro da xunta do consello da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Shahjalal. Previamente era profesor de economía na Universidade de Chittagong en Bangladesh. Publicou varios libros relacionados co seu traballo financeiro. Yunus tamén participa na xunta directiva da Fundación Nacións Unidas, organización pública creada en 1998 polo estadounidense Ted Turner.[6]

En marzo de 2011, o goberno de Bangladesh despidiu a Yunus da súa posición no Banco Grameen argumentando violacións legais e unha idade límite na súa posición.[7] A Suprema Corte de Bangladesh apoiou o despido de Yunus do seu cargo o 8 de marzo. Yunus e o Banco Grameen apelaron a decisión argumentando que o despido tivo unha motivación política.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The Nobel Peace Prize for 2006". NobelPrize.org. 13 de outubro de 2006. Consultado o 13 de outubro de 2006. 
  2. "House and Senate Leaders Announce Gold Medal Ceremony for Professor Muhammad Yunus" Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine., Press Release, US Congress
  3. FP Top 100 Global Thinkers
  4. "Muhammad Yunus accepts Glasgow Caledonian University post". BBC News. 1 de xullo de 2012. 
  5. "Early day motion 417 – MUHAMMAD YUNUS CHANCELLOR OF GLASGOW CALEDONIAN UNIVERSITY – UK Parliament". Consultado o 1 de abril de 2017. 
  6. United Nations Foundation, additional text.
  7. Polgreen, Lydia; Bajaj, Vikas (2 de marzo de 2011). "Microcredit Pioneer Ousted, Head of Bangladeshi Bank Says". The New York Times. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • David Bornstein; The Price of a Dream: The Story of the Grameen Bank and the Idea That Is; Simon & Schuster; 1996; ISBN 0-684-81191-X

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]