Jane Addams
Jane Addams, nada en 1860 en Cedarville (Illinois) e finada en Chicago en 1935, foi unha traballadora social e reformadora norteamericana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi educada entre os Estados Unidos e Europa, en 1899 funda con Ellen Gates Starr a coñecida como Hull House en Chicago,[1], o primeiro centro de axuda social nos Estados Unidos[2] influído polo Toynbee Hall do East End de Londres (fundado en 1884 por Samuel Barnett).
Socia da Liga Antiimperialista de América e fundadora da Unión das Liberdades Civís de América. En 1911 foi elixida presidenta da National Foundation of Settlements and Neighborhodd Centers, entre 1915 e 1934 foi presidenta da Liga Internacional das Mulleres pola Paz e a Liberdade.
Foi a primeira muller estadounidense en ser galardoada co Premio Nobel da Paz, e é recoñecida como a fundadora da profesión do Traballo Social en Estados Unidos. Foi unha pragmatista radical e a primeira muller "filósofa pública" dos Estados Unidos. Cando Addams morreu en 1935 era a figura pública feminina máis coñecida en Estados Unidos.
Premios
[editar | editar a fonte]En 1931 recibiu o Premio Nobel da Paz.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García Dauder, Dau (2021-10-15). "Pioneras del Trabajo Social: Políticas de género, racialización y conocimiento en la disciplina". Cuadernos de Relaciones Laborales 39 (2): 283–308. ISSN 1988-2572. doi:10.5209/crla.69727.
- ↑ Jane, Addams (2013-01-01). HULL HOUSE: EL VALOR DE UN CENTRO SOCIAL. Colección CGTS / Paraninfo (en castelán). Ediciones Paraninfo, S.A. ISBN 978-84-283-3525-6.
- ↑ "The Nobel Peace Prize 1931". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-06-26.
