Mundo árabe

Chámaselle Mundo árabe (en árabe: العالم العربي al-ʿālam al-ʿarabī ) ou países árabes (árabe, البلدان العربية, al-buldān al-`arabiyya) os estados nos que a maiora da poboación son falantes árabes así como as poboacións de África do Norte, Oriente Medio e outros lugares.
A definición estándar do mundo árabe comprende os 22 estados e territorios da Liga Árabe que se estenden dende o Océano Atlántico ao oeste, co Mar Arábigo ao leste, e o Mediterráneo ao norte do Corno de África e do Océano Índico no sueste. Ten unha poboación de preto de 400 millóns de persoas, dos cales máis da metade son menores de 25 anos de idade[1].
O sentimento nacionalista árabe xurdiu na segunda metade do século XIX, xunto con outros movementos nacionalistas dentro do Imperio Otomán. A Liga Árabe formouse en 1945 para representar os intereses dos árabes e, especialmente, para o exercicio da unificación política dos países árabes, un proxecto coñecido como Panarabismo[2][3]. As protestas populares no mundo árabe a partir de 2010 están dirixidas contra os gobernos e a corrupción asociada a estes, xunto coa demanda de máis oportunidades económicas.
O termo "mundo árabe" rexeitano normalmente aqueles que viven nesa rexión, xa que non se consideran árabes, como non semitas, berberes e kurdos, xa que implica toda a rexión árabe na súa identidade, poboación, e orixe, mentres que a patria orixinal dos árabes é a Península Arábiga. O termo tamén o rexeitan algunhas minorías indíxenas semitas como os Ashkenazim, sefaradim, Mizrahim, caldeos, asirios e siríacos, xa que son anteriores aos árabes en lugares como Iraq, Palestina e Siria. Coptos e outros exipcios tamén se definen como exipcios e non árabes.
Definición[editar | editar a fonte]
A denotación lingüística e política propia do termo árabe xeralmente predomina sobre consideracións xenealóxicas. Polo tanto, os individuos con pouca ou ningunha ascendencia da Península Arábiga poderían identificarse ou considerarse árabrs, en parte debido á súa lingua materna. Porén, esta identidade discútena moitos pobos. Por exemplo, os expcios poden ou non identificarse como árabes.
Definición territorial estándar[editar | editar a fonte]

Aínda que non existe unha definición globalmente aceptada no mundo árabe, todos os países que son membros da liga árabe son xeralmente recoñecidos como parte do mundo árabe.[4]
A Liga árabe é unha organización rexional, cuxo fin é (entre outras cousas) considerar de maneira xeral os asuntos e intereses dos países árabes:
Un árabe é unha persoa cuxa lingua é o árabe, que vive nun país de fala árabe e que está en sintonía coas aspiracións dos pobos de fala árabe.[5]
Esta definición terrirorial estándar considérase considérase ás veces apropiada[6] ou problemática,[7] e debe complementarse con algúns elementos adicionais.
Estados membros da Liga Árabe[editar | editar a fonte]
|
|
---|
Poboación[editar | editar a fonte]
Posto | País | Poboación [cando?] |
Clasificación mundial |
---|---|---|---|
1 | ![]() |
91.425.854[8] | 16 |
2 | ![]() |
37.100.000 | 34 |
3 | ![]() |
34.848.000 | 35 |
4 | ![]() |
33.425.000 | 39 |
5 | ![]() |
32.666.179 | 40 |
6 | ![]() |
28.660.000 | 45 |
7 | ![]() |
25.502.000 | 49 |
8 | ![]() |
21.740.340 | 55 |
9 | ![]() |
10.673.800 | 77 |
10 | ![]() |
9.656.000 | 85 |
11 | ![]() |
8.089.000 | 93 |
12 | ![]() |
6.449.000 | 103 |
13 | ![]() |
6.345.023 | 106 |
14 | ![]() |
4.293.313 | 125 |
15 | ![]() |
4.268.000 | 126 |
16 | ![]() |
3.378.254 | 134 |
17 | ![]() |
2.889.000 | 138 |
18 | ![]() |
2.883.000 | 139 |
19 | ![]() |
1.921.000 | 149 |
20 | ![]() |
1.341.000 | 155 |
21 | ![]() |
923.000 | 158 |
22 | ![]() |
767.000 | 163 |
Total | ![]() |
400.652.486 |
Área[editar | editar a fonte]
Pos | País | Área (km2) | % do Total | Aclaracións |
1 | ![]() |
2,381,741 | 18.1% | País máis grande de África e do mundo árabe. |
2 | ![]() |
2,149,690 | 16.4% | País máis grande en Oriente medio. |
3 | ![]() |
1.861.482 | 14.2% | Anteriormente o país máis grande de África, antes da independencia do Sudán do Sur. |
4 | ![]() |
1.759.540 | 11.4% | |
5 | ![]() |
1.025.520 | 7.8% | |
6 | ![]() |
1.002.000 | 7.6% | Non inclúe o Triángulo de Hala'ib (20,580 km²). |
7 | ![]() |
637.657 | 4.9% | |
8 | ![]() |
527.968 | 4.0% | |
9 | ![]() |
446.550 | 3.4% | Non inclúe Sáhara Occidental (266,000 km²). |
10 | ![]() |
435.244 | 3.3% | |
11 | ![]() |
309.500 | 2.4% | |
12 | ![]() |
185.180 | 1.4% | Incluíndo a parte de Altos do Golán (1,200 km²) administrada actualmente por Israel. |
13 | ![]() |
163.610 | 1.2% | |
14 | ![]() |
89.342 | 0.7% | |
15 | ![]() |
83.600 | 0.6% | |
16 | ![]() |
23.200 | 0.1% | |
17 | ![]() |
17.818 | 0.1% | |
18 | ![]() |
11.586 | 0.08% | |
19 | ![]() |
10.452 | 0.08% | |
20 | ![]() |
6.020 | 0.05% | |
21 | ![]() |
2.235 | 0.01% | |
22 | ![]() |
758 | 0.005% | |
Total | 13.333.296 | 5.148.048 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Arab World Ministries
- ↑ "Arab League Sends Delegation to Iraq". Encyclopedia.com. 8 October 2005. Consultado o 13 February 2011.
- ↑ "Arab League Warns of Civil War in Iraq". Encyclopedia.com. 8 October 2005. Consultado o 13 February 2011.
- ↑ Benjamin Hätinger, The League of Arab States, (GRIN Verlag: 2009), p.2.
- ↑ Dwight Fletcher Reynolds, Arab folklore: a handbook, (Greenwood Press: 2007), p.1.
- ↑ Baumann: 8
- ↑ Deng: 405
- ↑ "CAPMAS homepage". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 15 August 2011.