Fredrik Bajer
Fredrik Bajer | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de abril de 1837 |
Lugar de nacemento | Nästved, ![]() |
Falecemento | 22 de xaneiro de 1922 (84 anos) |
Lugar de falecemento | Copenhaguen, ![]() |
Soterrado | Bispebjerg Cemetery |
Nacionalidade | Dinamarca |
Alma máter | Sorø Academy |
Ocupación | Escritor, pacifista e político |
Cónxuxe | Matilde Bajer |
Premios | Premio Nobel da Paz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fredrik Bajer, nado en Nästved o 21 de abril de 1837 e finado en Copenhaguen o 22 de xaneiro de 1922, foi un escritor, pacifista e político dinamarqués. En 1908 foille concedido o Premio Nobel da Paz.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun pastor luterano, serviu como oficial no exército dinamarqués, loitou na guerra contra Prusia e Austria de 1864 e alcanzou o grao de tenente primeiro, desmobilizado en 1865, estableceuse en Copenhaguen como profesor, tradutor e escritor.
En 1872 entrou no Folketing, apoiou moitas organizacións pacifistas en Dinamarca e en Europa. En 1882 foi un dos fundadores da Asociación Danesa para a Paz e da Oficina Internacional para a Paz, en Berna (1891).
No seu discurso de recepción do Premio Nobel fixo algunhas suxestións para mellorar o traballo pola paz, incluíndo o apoio á lingua internacional esperanto.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fredrik Bajer - Nobel Lecture: The Organization of the Peace Movement". www.nobelprize.org. Consultado o 2018-04-01.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fredrik Bajer |