Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas Asunto O status de Palestina nas Nacións Unidas data 29 de novembro de 2012 Sesión núm. 67 Código A/RES/67/19Documento oficial [i] Votación A favor: 138 En contra: 9 Abstención: 41 Ausentes: 5 Resultado Aprobada
A resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou a admisión de Palestina como Estado observador non membro da Organización.[ 1] Sen prexuízo dos dereitos xa adquiridos pola Organización para a Liberación de Palestina (OLP), o status de Palestina nas Nacións Unidas pasou de ser entidade non membro da Organización a Estado non membro, semellante á situación da Santa Sé . A resolución aprobouse o 29 de novembro de 2012 na 67.ª sesión da Asemblea Xeral, coincidindo co Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino . A resolución aprobouse por unha ampla maioría da Aeamblea, aínda que contou con rexeitamento frontal do Estado de Israel , parte implicada no conflito árabe-israelí .
Votación dos Estados membros das Nacións Unidas respecto á admisión de Palestina como Estado observador non membro.
A favor. En contra. Abstención. Ausentes. Non membros.
Estados membros
A favor/en contra/abstención[ 2]
Afganistán , Angola , Antiga e Barbuda , Arabia Saudita , Alxeria , Arxentina , Armenia , Austria , Acerbaixán , Bangladesh , Bahrain , Bélxica , Belize , Benín , Bután , Belarús , Birmania , Bolivia , Botswana , Brasil , Brunei , Burkina Faso , Burundi , Cabo Verde , Camboxa , Qatar , o Chad , Chile , a China , Chipre , Comores , República do Congo , Costa do Marfil ,Costa Rica , Cuba , Dinamarca , Dominica , Ecuador , Exipto , O Salvador , Emiratos Árabes Unidos , Eritrea , España , Eswatini , Etiopía , Rusia , Filipinas , Finlandia , Francia , Gabón , Gambia , Xeorxia , Ghana , Granada , Grecia , Guinea , Guinea-Bisau , Güiana , Honduras , India , Indonesia , Iraq , Irlanda , Irán , Islandia , Illas Salomón , Italia , Xamaica , Xapón , Xordania , Casaquistán , Kenya , Kirguistán , Kuwait , Lesotho , Líbano , Libia , Liechtenstein , Luxemburgo , Malaisia , Maldivas , Malí , Malta , Marrocos , Mauricio , Mauritania , Mozambique , México , Namibia , Nepal , Nicaragua , Níxer , Nixeria , Noruega , Nova Zelandia , Omán , Paquistán , Perú , Portugal , República Centroafricana , República Democrática Popular Lao , República Dominicana , República Popular Democrática de Corea , Tanzania , Siria , San Cristovo e Neves , San Vicente e as Granadinas , Santa Lucía , San Tomé e Príncipe , Senegal , Serbia , Seychelles , Serra Leoa , Somalia , Sri Lanka , Suráfrica , Sudán , Sudán do Sur , Suecia , Suíza , Suriname , Tailandia , Taxiquistán , Timor Oriental , Trinidad e Tobago , Turkmenistán , Turquía , Tuvalu , Tunisia , Uganda , Uruguai , Uzbekistán , Venezuela , Vietnam , Iemen , Djibuti , Zambia e Cimbabue .
A favor (138)
Canadá , Estados Unidos de América , Israel , Illas Marshall , Micronesia , Nauru , Palau , Panamá e República Checa .
En contra (9)
Albania , Alemaña , Andorra , República de Macedonia , Australia , Bahamas , Barbados , Bosnia e Hercegovina , Bulgaria , Camerún , Colombia , Croacia , Eslovaquia , Eslovenia , Estonia , Fidxi , Guatemala , Haití , Hungría , Letonia , Lituania , Malaui , Mongolia , Montenegro , Mónaco , Papúa Nova Guinea , Paraguai , Países Baixos , Polonia , Reino Unido , República de Corea , República de Moldavia , República Democrática do Congo , Ruanda , Romanía , Samoa , San Marino , Singapur , Togo , Tonga e Vanuatu .
Abstención (41)
Guinea Ecuatorial , Kiribati , Liberia , Madagascar e Ucraína .
Ausentes (5)