Desmond Tutu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Desmond Tutu
Nobel prize medal.svg
Desmond Tutu 2013-10-23 001.jpg
Tutu no 2013.
Arcebispo da Igrexa Anglicana de Suráfrica
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1931 (87 anos) en Klerksdorp, Transvaal, Suráfrica
Alma máterKing's College de Londres
Ordes
Ordenación sacerdotal1960
Consagración episcopal1976
Arcebispo de Cidade do Cabo
7 de setembro de 1986 - 1996
PredecesorP.W.R. Russell
SucesorNjongonkulu Ndungane

Desmond Mpilo Tutu, nado en Klerksdorp (Transvaal) o 7 de outubro de 1931, é un clérigo e pacifista surafricano, que adquiriu fama internacional durante a década de 1980 a causa da súa oposición ao Apartheid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O arcebispo Desmond Tutu.

Tutu foi o primeiro surafricano negro en ser elixido e ordenado como Arcebispo Anglicano de Cidade do Cabo (Suráfrica), e despois Primado da entón Igrexa da Provincia de África Meridional (actualmente Igrexa anglicana de África do Sur). Foi recoñecido co Premio Nobel da Paz en 1984.

Outórgaselle a autoría do cualificativo de Nación do Arcoiris, para describir metaforicamente á Suráfrica posterior ao Apartheid (en 1994 co triunfo do ANC). A expresión incorporouse desde entón para describir a diversidade étnica de Suráfrica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]