Betty Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Betty Williams
Betty Williams W 134 Nr 105602v Bild 1 (5-1049846-1).jpg
Nacemento22 de maio de 1943
Lugar de nacementoBelfast
Falecemento17 de marzo de 2020
Lugar de falecementoBelfast
NacionalidadeReino Unido
Relixióncatolicismo
Alma máterSt Dominic's Grammar School for Girls
Ocupaciónactivista pola paz
CónxuxeRalph Williams e James Perkins
PremiosPremio Nobel da Paz e Carl-von-Ossietzky-Medaille
Na rede
IMDB: nm1752915 Dialnet: 1163087 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Betty Williams, nada en Belfast o 22 de maio de 1943 e finada na mesma cidade o 17 de marzo de 2020, foi unha militante pacifista norteirlandesa a favor dos dereitos dos nenos e das mulleres, galardoada co Premio Nobel da Paz en 1976 polo seu labor como cofundadora de Community of Peace People, organización dedicada a promover unha resolución pacífica ao conflito norteirlandés.

Williams dirixiu a Global Children's Foundation e foi presidenta do World Centre of Compassion for Children International. Foi tamén líder do Institute for Asian Democracy in Washington, D.C. e profesora visitante na Nova Southeastern University. Deu conferencias sobre temas relacionados coa paz, a educación, o entendemento entre culturas e entre fes, o antiextremismo e os dereitos da infancia.

Williams foi membro fundadora do Nobel Laureate Summit, que ten lugar anualmente dende 2000.[1]

En 2006, Williams fundou a Nobel Women's Initiative xunto coas tamén gañadoras do Nobel da Paz Mairead Corrigan Maguire, Shirin Ebadi, Wangari Maathai, Jody Williams e Rigoberta Menchú Tum. Estas seis mulleres, que representan diferentes continentes, xuntaron as súas experiencias nun esforzo común pola paz coa xustiza e a igualdade. O obxectivo da Nobel Women's Initiative é axudar a fortalecer o traballo de apoio aos dereitos das mulleres en todo o mundo. Williams tamén foi membro de PeaceJam.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "14th Nobel Peace Laureate Summit takes place in Rome". Anadolu (AA). 12 de decembro de 2014. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.