Wangari Maathai
Wangari Maathai | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Wangarĩ Muta |
Nacemento | 1 de abril de 1940 |
Lugar de nacemento | Vila de Ihithe, División de Tetu, Distrito de Nyeri |
Falecemento | 25 de setembro de 2011 (71 anos) |
Lugar de falecemento | Nairobi |
Causa | cancro de ovario e cancro |
Nacionalidade | Kenya |
Etnia | Pobo kikuyu e Pobo kikuyu |
Relixión | Catolicismo |
Alma máter | Benedictine College Universidade de Pittsburgh Universidade de Nairobi |
Ocupación | bióloga, mestra, veterinaria, política, ecoloxista e activista política |
Cónxuxe | Mwangi Mathai |
Fillos | Wanjira Mathai |
Profesión | Medioambientalista, activista política e escritora |
Premios | Premio Nobel da Paz, Cabaleiro da Lexión de Honra, Prêmio Jawaharlal Nehru para Compreensão Internacional, Premios Nobel Alternativos, Petra-Kelly-Preis, Prêmio Sofia, Premio Medioambiental Goldman, Premio Indira Gandhi, The Nichols-Chancellor's Medal, NAACP Image Award – Chairman's Award, World Citizenship Award, Elizabeth Blackwell Award, Dorothy McCluskey Visiting Fellowship in Conservation, honorary doctor of Waseda University e Grand Cordon of the Order of the Rising Sun |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Wangari Muta Maathai, nada en Nyeri o 1 de abril de 1940 e finada en Nairobi o 26 de setembro de 2011, foi unha activista medio-ambiental e política kenyana. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004 polo seu labor na defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki até novembro de 2005. O seu último libro foi The Challenge for Africa (Pantheon, Nova York, 2009).
Premio Nobel da Paz[editar | editar a fonte]
"Maathai permaneceu coraxosamente contra o antigo réxime opresivo en Kenya", o Comité do Nobel Noruegués anunciou nunha declaración que ela era a vencedora do Premio Nobel da Paz de 2004. "As súas formas de acción únicas contribuíron para chamar a atención á opresión política - nacional e internacionalmente-. Ela serviu como unha inspiración para moitos na loita polos dereitos democráticos e ten encoraxado especialmente as mulleres a mellorar a súa situación".
Controversia[editar | editar a fonte]
Maathai causou controversia entre os comentadores dos medios de comunicación, cando nunha conferencia de prensa seguinte ao anuncio do Premio Nobel, ela falou a favor da alegación de que o virus HIV era un produto creado polo ser humano a través de bio-enxeñaría, e entón lanzado na África por científicos occidentais non-identificados como unha arma de destrución masiva para "punir os negros". A alegación foi apoiada só por unha pequena minoría, é unha das varias teorías conspiratorias da SIDA. Desde entón ela fuxiu de ter unha posición definitiva, alegando que "Eu non sei sobre a orixe... E espero que un día o saibamos, porque iso é algo que obviamente todos queremos saber, de onde vén a doenza".
Premios[editar | editar a fonte]
- 1984: Right Livelihood Award (coñecido como "Premio Nobel Alternativo")
- 1991: Premio Goldman do Medio-Ambiente
- 1991: Premio África
- 1993: Medalla de Edimburgo (pola "incríbel contribución á humanidade a través da ciencia")
- 2004: Premio Petra Kelly
- 2004: Premio Sophie
- 2004: Premio Nobel da Paz
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Wangari Maathai |