Carlos Filipe Ximenes Belo
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Carlos Filipe Ximenes Belo | |
---|---|
![]() | |
Bispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 3 de febreiro de 1948 en Baucau, Timor Leste |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 26 de xullo de 1980 |
Consagración episcopal | 19 de xuño de 1988, por Francesco Canalini |
Instituto relixioso | Salesianos de San Xoán Bosco (dende o 21 de setembro de 1973) |
Administrador Apostólico de Dili Bispo titular de Lorium | |
1983 - 26 de novembro de 2002 | |
Predecesor | Martinho da Costa Lopes |
Sucesor | Basílio do Nascimento |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Carlos Filipe Ximenes Belo, nado en Baucau o 3 de febreiro de 1948 é un bispo católico de Timor Leste,[1] Premio Nobel da Paz en 1996.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pasou unha infancia precaria, trala morte do seu pai cando tiña dous anos. Adicouse ao pastoreo de búfalos e a mendicidade. Ingresou en 1962 no seminario de Menegah de Dili e máis tarde no de Dili. Continuou os estudos en Portugal. Entrou na orde salesiana e completou a súa formación na Universidade Pontificia desa orde. Adoitaba visitar poboados marxinais e vítimas da represión.
Foi ordenado bispo por Xoán Paulo II en 1988 tras designalo en 1983 administrador apostólico de Dili. Continuou a súa loita a prol dos dereitos humanos, denunciando violacións e abusos e publicando listas de desaparecidos, acusando ao exército indonesio. Foi vixiado e expiado. Pediu á ONU a descolonización de Timor Oriental. Sufriu varios intentos de asasinato.
Tras a concesión do premio Nobel da Paz, entrevistouse co presidente de Indonesia Yusuf Habibie a quen lle pediu un referendo de autodeterminación e o ensino na lingua indíxena tetun. Mediou entre as partes en conflito buscando a reconciliación.
En 2004 marchou de misioneiro a Mozambique onde desenvolve accións de promoción social, axuda económica e educativa de poboacións indíxenas empobrecidas.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Martinho da Costa Lopes |
Administrador Apostólico de Dili 1983 - 2002 |
Sucesor: Basílio do Nascimento |