Menachem Begin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Menachem Begin
Menachem Begin
Menachem Begin (1978)


Datos persoais
Nacemento 16 de agosto de 1913 Brest, Belarús
Falecemento 9 de marzo de 1992 (78 anos) Tel Aviv,

Xerusalén


Na rede
IMDB: nm0066756 Discogs: 2356754 WikiTree: Begin-70 Find a Grave: 5860308 Editar o valor em Wikidata

Menachem Begin, nado en Brest, Belarús o 16 de agosto de 1913 e finado en Xerusalén o 9 de marzo de 1992, foi un político israelí e 6º primeiro ministro de Israel en maio de 1977. Baixo o acobillo do entón presidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter, Begin negociou en 1978 os acordos de Camp David co presidente de Exipto, Anwar Sadat, polos que Israel devolveu a península de Sinaí a Exipto. Por estes acordos Begin e Sadat recibiron o Premio Nobel da Paz en 1978.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Beguin naceu en Brest-Litovsk (entón en Polonia, hoxe en Belarús), educado no sionismo polo seu pai. Estudou nun colexio hebreo e nun liceo polaco, e aos 16 anos entrou no movemento sionista Betar, creado por Vladimir Jabotinski. Dende 1939 foi líder da organización polaca de Betar.

Menachem Begin

Ao comezo da segunda guerra mundial refuxiouse en Vilnius, ata que en 1940 a NKVD soviética arrestouno e enviouno a un campo de traballo de Siberia. Liberado en 1941, despois do acordo Sikorski-Mayski, uniuse ás forzas polacas libres establecidas na URSS e baixo o mando de Wladyslaw Anders, en 1942 como soldado desa unidade chega a Palestina. Alí incorpórase ao Irgún, o brazo armado e clandestino do sionismo revisionista, converténdose no seu líder en 1947. Coma tal foi o máximo responsable da destrución do hotel Rei David, cuartel xeral das forzas británicas en Palestina, no que morreron case 100 persoas, así coma do ataque á aldea palestina de Dir Yassin. Trala creación do Estado de Israel funda o partido político Herut, que máis tarde se convertería no partido dominante do Likud, que quedou fóra da corrente xeral do sionismo, defendendo un Israel antisocialista e territorialmente máis grande.

Como primeiro ministro, Begin, foi o artifice do acordo de paz con Exipto que supuña a devolución do Sinaí a Exipto e do desmantelamento dos asentamentos xudeus da zona. A pesar do que o plan de paz establecera unha autonomía palestina, Begin non a aplicou, o que supuxo a dimisión dos ministros Moshé Dayán e Ezer Weizman.

En 1982 Begin autorizou a entrada das Forzas de Defensa Israelís no Líbano. Esta incrusión dividiu fondamente á opinión pública israelí, e propicióu a dimisión de Begin en agosto de 1983, xunto coa morte da súa dona, Aliza.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]