Saltar ao contido

Kim Dae-jung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKim Dae-jung

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Hauido, Corea do Sur (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de agosto de 2009 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Severance Hospital, Corea do Sur (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía
insuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Nacional de Seul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente de Corea do Sur
25 de febreiro de 1998 – 24 de febreiro de 2003
← Kim Young-samRoh Moo-hyun →
Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur
30 de maio de 1988 – 19 de decembro de 1992
Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur
1 de xullo de 1971 – 17 de outubro de 1972
Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur
17 de decembro de 1963 – 30 de xuño de 1971
Circunscrición electoral: Mokpo (pt) Traducir
Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur
14 de maio de 1961 – 16 de maio de 1961

Circunscrición electoral: Inje County (en) Traducir
Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur

Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur

Presidente
Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur

Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur

Membro da Asemblea Nacional de Corea do Sur

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónHa-ui Elementary School (en) Traducir
Mokpo Bukkyo Elementary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocratic Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarsubtenente (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
FamiliaGimhae Kim clan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLee Hui-ho (1962–2009)
Cha Yong-ae (1945–1959) Editar o valor en Wikidata
FillosKim Hong-il
 () Cha Yong-ae
Kim Hong-eop
 () Cha Yong-ae
Kim Hong-gul
 () Lee Hui-ho Editar o valor en Wikidata
PaiKim Won Sik Editar o valor en Wikidata
Condenado porSedición (1976)
Sedición (1980) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
8 de agosto de 1973kidnapping of Kim Dae-jung (en) Traducir
prisioneiro de conciencia Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1227943 BNE: XX830617 WikiTree: Kim-451 Find a Grave: 40827285 Editar o valor en Wikidata

Kim Dae-jung (en hangul: 김대중; en hanja: 金大中), nado en Haui-do (Corea do Sur) o 3 de decembro de 1925[1] e finado o 18 de agosto de 2009 en Seúl[1], foi un político surcoreano, retirado, que foi presidente do seu país e galardoado co Premio Nobel da Paz do 2000 «polo seu traballo para a democracia e os dereitos humanos en Corea do Sur e no leste de Asia, xeralmente, e pola paz e a reconciliación con Corea do Norte, particularmente».

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Autor de diversos libros sobre temática política e económica, recibiu ademais os premios Bruno Kreisky dos Dereitos Humanos (1981), George Meany (1987), o concedido pola Asociación de Nacións Unidas (1998) e a medalla da Liberdade de Filadelfia (1993). Foi ademais doutor honorífico polas universidades de Moscova, Emory, Portland, Sydney, Georgetown; entre outras.

Naceu no seo dunha familia de labregos. Cursou estudos nunha escola na illa de Haui e en 1936 nun centro escolar no continente. En 1943 graduouse na Escola Superior de Comercio de Mokpo e comezou a traballar nunha navieira local. Converteuse ao catolicismo romano en 1957, sendo a maioría da poboación do seu país budista.

Entrou na política en 1954, opoñéndose á política de Syngman Rhee, primeiro presidente de Corea do Sur. En 1961 foi escolleito membro da Asemblea Nacional e pouco despois empezou a enfrontarse á ditadura e a expresar os seus plans por unha Corea reunificada. Mais un golpe militar liderado por Park Chung-hee, fíxoo converterse en líder da oposición, sen poder ser candidato oficial.

No 1971 foi acusado de comunista e sufriu un primeiro intento de asasinato ao ser atropelado por un camión que lle ocasionou unha coxeira que arrastrou ata o final da súa vida. Posteriormente foi arrestado polos axentes do Servizo Nacional de Intelixencia (KCIA) nun hotel de Tokyo como resposta aos seus ataques á constitución promulgada por Chung-hee. Dae Jung recibiu a axuda inmediata dos Estados Unidos que grazas aos esforzos de Philp Habib, embaixador americano, conseguiu encontralo no seu agocho e liberalo dos seus verdugos nun barco cando estaba a punto de ser lanzado ao Mar do Xapón. No retorno ao seu país provocou que fose aprisionado en 1976 despois de participar nun manifesto contra o goberno, sendo condenado a cinco anos de arresto, aínda que foi liberado en 1978. Naquel período de cativerio forzado converteuse ao catolicismo.

Co asasinato en 1979 de Pak Chungkin-Hee, Kim Dae Jung foi rehabilitado mais no 1980 foi detido novamente con cargos de sedición e conspiración contra o réxime, sentenciando a Dae Jung a morte. Outra vez a man dos Estados Unidos foi vital para conseguir a conmutación da pena de morte por 20 anos de prisión, e máis tarde, o exilio aos Estados Unidos.

En 1985 Dae Jung retornou ao seu país, sendo inmediatamente retido na súa casa e converténdose nun dos líderes principais da oposición política. Coa caída do poder de Chun Doo-Hwan en 1987 celebráronse as primeiras eleccións democráticas desde 1961. Dae Jung puido presentarse pero sufriu a derrota ante Kim Young-Sam, o seu rival e camarada político durante anos, e Roh Tae-Woo, xeneral e delfín do anterior presidente.

Presidente de Corea do Sur

[editar | editar a fonte]

En 1992 volveu a presentarse ás eleccións, perdendo novamente ante Kim Young-Sa, ao igual que en 1987. Logo retirouse da política e decidiu dedicarse á docencia na Universidade de Cambridge. En 1995 anunciou o seu retorno á política e presentouse, unha vez máis, nas eleccións para a presidencia do país. O 18 de decembro de 1997 conseguiu derrotar ao seu rival Lee Hoi-Chang grazas á súa unión con Kim Jong-Pil, antigo Primeiro Ministro do país.

Dae Jung canda George W. Bush nunha visita do presidente estadounidense en Seúl no 2002

Kim Dae Jung chegou á presidencia en medio dunha grave crise económica, pero conseguiu a revitalización da economía, converténdoa nunha con gran crecemento.

Dende o seu ascenso ao poder, tratou de enterrar a discriminación das minorías do país, das cales formaba parte e que sufrira en etapas anteriores. Tamén excarcerou ao seu antecesor Chun Doo Hwan, que en 1980 ordenara a súa condena a morte.

Pola outra banda, iniciou o acercamento co réxime stalinista de Kim Jong-il de Corea do Norte. Realizou as súas primeiras visitas aos Estados Unidos do 8 ao 11 de xuño de 1998, e solicitou o levantamento das sancións a Corea do Norte e o retorno dos investimentos a Corea do Sur. Entre o 13 e o 15 de xuño de 2000 tivo lugar o histórico cumio intercoreano en Pyongyang, a primeira xuntanza presidencial entre os presidentes dos dous países dende a separación de Corea en 1948.

En 2003 Dae Jung finalizou o seu mandato e decidiu non presentarse á reelección, retirándose da política activa. Faleceu o 18 de agosto de 2009 en Seúl[1].

  1. 1,0 1,1 1,2 "Obituary:Kim Dae-jung" BBC News, 18 de agosto de 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Presidente de Corea do Sur

Segue a:
Kim Young-Sam
Kim Dae-jung
Precede a:
Roh Moo-hyun
Partido Democrático da Corea do Sur