Lester Bowles Pearson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lester Bowles Pearson
Lester B. Pearson with a pencil.jpg
Lester Bowles Pearson
Nobel prize medal.svg
Primeiro ministro do Canadá
Período 22 de abril de 1963 - 20 de abril de 1968
Antecesor John Diefenbaker
Sucesor Pierre Trudeau
Datos persoais
Nacemento 23 de abril de 1897
Lugar Newtonbrook, Toronto
Falecemento 27 de decembro de 1972
Lugar Otava, Ontario, Canadá
Organización Partido Liberal de Canadá
Cónxuxe Maryon Pearson
Profesión Diplomático e político

Lester Bowles "Mike" Pearson, nado en Newtonbrook (Ontario) o 23 de abril de 1897 e finado en Otava o 27 de decembro de 1972, foi o décimo cuarto primeiro ministro de Canadá, tendo gobernado o país entre o 22 de abril de 1963 e o 20 de abril de 1968, ademais ganador do Premio Nobel da Paz en 1957.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pearson naceu en Newtoonbrook, que actualmente é parte da cidade de Toronto. Estudou na Universidade de Toronto, e, posteriomente, na Universidade de Oxford, Inglaterra. Loitou en ambas guerras mundiais. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1957, polos seus esforzos en resolver pacificamente a Crise de Suez, en 1956.

Elixido líder do Partido Liberal de Canadá en 1958 e primeiro ministro do Canadá nas eleccións nacionais de 1963, Pearson introduciu importantes reformas sociais como a saúde pública, o Canada Pension Plan (pensións) e o Canada Student Loans (préstamos a estudantes universitarios). Pearson tamén introduciu a nova Bandeira do Canadá, a Maple Leaf Flag.

Retirouse da vida política en 1968, e morreu de cancro o 27 de decembro de 1972, en Otava. O aeroporto máis importante do país, o Internacional de Toronto, foi renomeado por Pierre Elliott Trudeau en 1984 como Aeroporto Internacional Lester B. Pearson. En 2004, Lester Bowles Pearson foi elixido como o 6º maior canadense, nunha enquisa popular na escolla do maior canadense existente.

Primeiro ministro do Canadá

Segue a:
John Diefenbaker
Lester Bowles Pearson
Precede a:
Pierre Trudeau
Partido Liberal de Canadá