Frédéric Passy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frédéric Passy
Nacemento20 de maio de 1822 (90 anos)
Lugar de nacementoParís, Francia
Falecemento12 de xuño de 1912
Lugar de falecementoParís, Francia
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Condorcet e Lycée Louis-le-Grand
OcupaciónEconomista
CónxuxeMarie Blanche Passy
FillosPaul Passy, Jean Passy e Marie-Alix Passy
PremiosPremio Nobel da Paz e comendador da Lexión de Honor
Na rede
WikiTree: Passy-1 Find a Grave: 216356887 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Frédéric Passy, nado en París o 20 de maio de 1822 e finado en Neuilly-sur-Seine o 12 de xuño de 1912, foi un economista francés que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1901 xunto con Henri Dunant.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Consagrou a súa vida ó ideal pacifista. Despois de estudar dereito foi auditor do Consello de Estado, antes de emprender unha carreira como xornalista.

En 1867 accedeu ó cargo de secretario xeral da Sociedade Francesa da Paz, e posteriormente da Liga Internacional para a Paz Permanente.

En 1877 foi elixido como membro da Academia de Ciencias Morais e Políticas. Foi elixido para a Cámara de Deputados nas eleccións de 1881 e 1885, perdendo nas de 1889. Opúxose á política colonialista de Jules Ferry, e permanece na memoria como o deputado que quixo prohibir as guerras. Por outra parte, fixo unha lei sobre os accidentes de traballo favorable ós obreiros.

En 1888, á cabeza dunha delegación de deputados franceses, reuniuse co británico sir William Randal Cremer (premio Nobel da Paz en 1903), que dirixía unha delegación de deputados británicos. Como consecuencia desta reunión, un grupo de parlamentarios franceses, británicos, italianos, españois, daneses, húngaros, belgas e americanos fundaron a Unión Interparlamentaria, da que Passy foi un dos seus primeiros presidentes.

Apaixonado pola pedagoxía, non abandonou a súa vocación docente ata os 81 anos, escribindo obras sobre este tema. A pedagoxía non foi o único obxecto dos seus numerosos escritos. Feminista anticipado, favorable á abolición da pena de morte, en materia de economía foi partidario do libre mercado.

Escribiu Les causes économiques des guerres (1905) e Historique du mouvement de la paix (1905).

En 1901 compartiu o premio Nobel da Paz con Jean Henri Dunant.