Klas Pontus Arnoldson
Klas Pontus Arnoldson | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de outubro de 1844 |
Lugar de nacemento | Gotemburgo, ![]() |
Falecemento | 20 de febreiro de 1916 (71 anos) |
Lugar de falecemento | Estocolmo, ![]() |
Soterrado | Cemitério do Norte |
Nacionalidade | Suecia |
Ocupación | Político, xornalista e pacifista |
Premios | Premio Nobel da Paz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Klas Pontus Arnoldson, nado en Gotemburgo o 27 de outubro de 1844 e finado en Estocolmo o 20 de febreiro de 1916, foi un político, xornalista e pacifista sueco, galardoado co premio Nobel da Paz en 1908.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras traballar durante dez anos nos ferrocarrís suecos, foi electo membro do Parlamento (Riksdag). Ao longo do seu mandato (1882-1887) traballou por lograr unha neutralidade permanente nos países escandinavos.
En 1883 fundou a Sociedade Sueca pola Paz e a Arbitraxe, onde ocupou o cargo de secretario durante varios anos. Debido a isto, así tamén pola súa participación nos esforzos para evitar a guerra con Noruega en 1905, compartiu en 1908 o premio Nobel da Paz co danés Fredrik Bajer.
En 1900 escribiu A esperanza dos séculos en relación cos adiantos obtidos a favor da paz.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Klas Pontus Arnoldson ![]() |
- Nobel Committee information on 1908 Peace laureates
- Klas Arnoldson at Find-A-Grave