Juan Manuel Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Manuel Santos
Juan Manuel Santos and Lula (cropped).jpg
Presidential Seal of Colombia.svg
59° Presidente de Colombia
Período7 de agosto de 2010 - 7 de agosto de 2018
AntecesorÁlvaro Uribe
SucesorIván Duque
Datos persoais
Nacemento10 de agosto de 1951
 Bogotá
OrganizaciónPartido Social de Unidad Nacional (dende 2005)
PaiEnrique Santos Castillo
CónxuxeSilvia Amaya Londoño (divorciado)
María Clemencia Rodríguez (1987-)
Alma máterUniversidade do Kansas, London School of Economics, John F. Kennedy School of Government, Universidade Tufts, The Fletcher School of Law and Diplomacy e Universidade Estadual do Kansas
Profesiónxornalista e político
Relixióncatolicismo
Juan Manuel Santos Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Juan Manuel Santos Calderón, nado en Bogotá o 10 de agosto de 1951, é un político, xornalista e economista colombiano, presidente de Colombia dende o 7 de agosto de 2010 até o 7 de agosto de 2018. Logo de exercer como xornalista, introduciuse na política facéndose membro do Partido Liberal Colombiano, foi ministro de Comercio Exterior durante o goberno de César Gaviria, máis tarde fixo parte do goberno do conservador Andrés Pastrana Arango no que se desempeñou como ministro de Facenda. Pertence á familia Santos, anterior propietaria de El Tiempo. Tamén é curmán de Francisco Santos, vicepresidente de Colombia durante o goberno de Álvaro Uribe.[1]

Despois de consolidarse o goberno de Álvaro Uribe na presidencia en 2002, Santos deixou o partido liberal e foi un dos creadores do Partido Social de Unidade Nacional, foi nomeado ministro de Defensa de Colombia durante o goberno do entón presidente Álvaro Uribe dende xullo de 2006 até maio de 2009.

Logo de que a Corte Constitucional lle negara ó entón presidente Álvaro Uribe a posibilidade de ser elixido por terceira vez, Santos presentouse como o candidato do uribismo nas eleccións presidenciais de 2010; con esta plataforma foi elixido presidente de Colombia para o período 2010-2014, con máis de nove millóns de votos, a votación máis alta na historia electoral do país. Tomou posesión como presidente o 7 de agosto de 2010. O 15 de xuño de 2014 foi reelixido presidente para o período 2014-2018.[2] O 7 de outubro de 2016, foi distinguido co Premio Nobel da Paz polo seu intento de chegar a un acordo coas FARC, malia o plebiscito infrutuoso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Juan Manuel Santos". La Silla Vacía. 21 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  2. EFE (15 de xuño de 2014). "Juan Manuel Santos, reelegido Presidente de la República". El Espectador. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]