Saltar ao contido

Albert Schweitzer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlbert Schweitzer
Nome orixinal(de) Albert Schweitzer Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ludwig Philipp Albert Schweitzer Editar o valor en Wikidata
14 de xaneiro de 1875
Kaysersberg, Alsacia-Lorena, Imperio Alemán Imperio Alemán (Hoxe Alto Rin, Francia)
Morte4 de setembro de 1965 (90 anos)
Lambaréné, Gabón Gabón
Lugar de sepulturaHospital de Lambaréné (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLambaréné (pt) Traducir (1924–)
Gunsbach (–1913)
Estrasburgo Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeAlemán (1875–1919)
Francés (1919–1965)
RelixiónProtestantismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Estrasburgo
Universidade de Tubinga
Facultade de Filosofía da Universidade Alemá de Praga Editar o valor en Wikidata
Director de teseTheobald Ziegler (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónMédico, músico, filósofo e teólogo
EmpregadorUniversidade de Estrasburgo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Selo discográficoColumbia Records
Philips Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
  • Biblioteca Central de Zurique (pt) Traducir [ Nachl. A. Schweitzer dossiers 1 - 42; Nachl. A. Schweitzer sacs 1 - 76; Nachl. A. Schweitzer ERJ 301 - 304, 312 - 315, 401 - 413, 501 - 512, 601 - 610, 701 - 776] Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHelene Bresslau Editar o valor en Wikidata
FillosRhena Schweitzer Miller Editar o valor en Wikidata
PaisLouis Théophile Schweitzer Editar o valor en Wikidata  e Adèle Schillinger Editar o valor en Wikidata
ParentesJean-Paul Sartre, curmán Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Швейцер Альберт)
Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) Traducir, (sec:Schweitzer, Albert (1875-1965))
Dictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0777812 Allmovie: p119770
BNE: XX915608 Musicbrainz: df4906d0-2a9e-461e-b6b5-1bcca3731483 Discogs: 430914 IMSLP: Category:Schweitzer,_Albert Allmusic: mn0001534642 WikiTree: Schweitzer-625 Find a Grave: 4611 Editar o valor en Wikidata

Albert Schweitzer, nado en Kaysersberg o 14 de xaneiro de 1875 e finado en Lambaréné, Moyen-Ogooué (Gabón) o 4 de setembro de 1965, foi un médico, filósofo, teólogo protestante e músico franco-alemán, pola súa orixe alsaciana e Premio Nobel da Paz no ano 1952.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Albert Schweitzer naceu en Kaysersberg, Alsacia, entón parte do Imperio Alemán, e viviu os primeiros anos da súa vida en Gunsbach, localidade onde o seu pai era pastor protestante. Dende moi novo mostrou gran capacidade para a música e en 1893 superou o bacharelato. Despois dos estudos básicos, trasladouse a París para estudar filosofía e música. Deseguido formouse como teólogo na súa vila natal.

Como músico viaxou por Europa como reputado intérprete ao órgano, sobre todo das obras de Johann Sebastian Bach. Como teólogo, publicou o influente libro Geschichte der Leben-Jesu-Forschung (Historia da investigación sobre a vida de Xesús, máis coñecido pola súa tradución ao inglés, En busca do Xesús histórico, Tubinga, 1905) e o ensaio sobre san Paulo Die Mystik des Apostels Paulus (O misticismo do apóstolo Paulo, Tubinga, 1930), onde afonda nas crenzas escatolóxicas dos primeiros cristiáns, fundando a escola da "escatoloxía realizada".

No cume do seu éxito, abandonou a súa prometedora carreira para estudar medicina e cirurxía durante nove anos, coa idea de dedicarse aos máis desfavorecidos. Cando rematou os seus estudos médicos, en 1913, trasladouse coa súa familia a Lambaréné, na provincia de Moyen-Ogooué, en Gabón, entón baixo dominio francés.

Alí estableceu un hospital cerca dunha misión cristiá xa existente e tratou a millares de pacientes, especialmente leprosos e vítimas da enfermidade do sono. Durante a primeira guerra mundial foi feito cativo polas tropas franceses, pola súa nacionalidade, e trasladado á Francia continental. Daquela aproveitou para recadar fondos para o hospital en África e para expoñer a súa doutrina filosófica, centrada no valor de "reverencia pola vida". Volveu a Gabón en 1924, onde viviu ininterrompidamente ata o seu pasamento en 1965, saíndo de África só para recibir premios como o Goethe en 1928, o Nobel da Paz en 1952 e para explicar o seu pensamento en ciclos de conferencias.[1]

  • Jean-Sébastien Bach Le musicien-poèt, Leipzig: Breitkopf & Härtel, 1905.
  • Zwischen Wasser und Urwald Bern: Paul Haupt, 1921.
  • Das Christentum und die Weltreligionen München: Beck, 1923.
  • Souvenirs de mon enfance, Lausanne: éd. de la Concorde, 1926.
  • Aus meinem Leben und Denken Meiner Verl., Leipzig, 1931.
  • Indian Thought and Its Development (1935)
  • Geschichte der Leben Jesu Forschung Tübingen: Mohr, 1984 (9ª edición)
  1. Brabazon, James. Albert Schweitzer: A Biography: 2nd edition. Syracuse, Nova York: Syracuse University Press. 2000. ISBN 978-0-8156-0675-8
  2. Trátase dunha escolma

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]